SURFSAT-1, acrónimo de Summer Undergraduate Research Fellowship SATellite, foi un satélite estadounidense lanzado como carga secundaria nun Delta 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea o 4 de novembro de 1995.

Características SURFSAT-1 foi construído por estudantes e polo JPL para apoiar experimentos feitos coa Rede do Espazo Profundo da NASA. Foi deseñado para imitar sinais de naves interplanetarias e radiar nas bandas X, Ku e Ka e permitir facer prácticas ao persoal das estacións de escoita.

A nave estaba formada por dúas caixas de aluminio unidas á segunda etapa do foguete lanzador. O conxunto estabilizábase por gradente gravitatorio. Un panel solar proporcionaba ata 15 vatios de potencia. Os sinais emitíanse e recibíanse mediante tres antenas omnidireccionais, mentres que tres unidades detectoras de comandos mantiñan o sistema baixo control. O control térmico realizábase de maneira pasiva e non existía nin control de actitude nin baterías.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delta 7920

Categoría:Satélites artificiais