Matria é unha curtametraxe dirixida polo Álvaro Gago Díaz no ano 2017. En xaneiro de 2018 acadou o Premio do xurado no Festival de Cinema de Sundance. Está baseada na vida de Francisca Iglesias Bouzón, actriz principal e amiga persoal do director.
Sinopse Ramona vive co seu home, con quen apenas se fala, e traballa nunha fábrica de conservas dirixida por unha encargada tirana. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que a une á súa filla e á súa neta.
Premios Recibiu a Áncora de Ouro do Festival de Curtas Armadiña en 2018.http://culturagalega.gal/noticia.php?id=29270
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na IMDb (en inglés) Ficha en FilmAffinity (en castelán) Artigo en Vinte
Categoría:Curtametraxes galegas Categoría:Filmes de Galicia