Juan Rodríguez Cabrero,En ocasións o segundo apelido aparece escrito como Cabrera. nado en Cristosende (A Teixeira) o 8 de febreiro de 1880 e finado en Marín o 27 de decembro de 1949, foi un relixioso da Congregación de María e escritor galego en lingua castelá, membro numerario da Real Academia Galega.
Traxectoria Emigrou a Cuba e foi profesor e reitor do seminario de Matanzas. Foi un dos organizadores da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega e fixo a entrada, en prosa castelá, do libro de poesía Vento mareiro (A Habana, 1915) de Ramón Cabanillas.
Ingresou na RAG o 10 de xuño de 1946, a proposta de Salustiano Portela Pazos, Celestino Sánchez Rivera e Antonio Couceiro Freijomil, co discurso "Fr. Francisco Fidalgo de Araújo", sobre o dominico Francisco Araújo, lido por Ángel del Castillo (Rodríguez tiña unha afección á vista), que foi respondido por Paulino Pedret.
Gran biógrafo, escribiu moitos traballos sobre personalidades galegas en diversas publicacións, como o boletín da Comisión de Monumentos de Orense e o Boletín de la Real Academia Gallega.
Finou na súa residencia dos P.P. Paúles de Marín.
Obra "Errores sobre la Historia de Galicia", 1912.Publicado por entregas no Boletín de la Real Academia Gallega. "El egregio filósofo e insigne escritor P. Luis de Losada [1681-1748]", 1932. Escritores ascéticos y místicos de Galicia, 1936.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega Ligazóns externas (1912-1932)
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes
Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1880 Categoría:Nados na Teixeira Categoría:Finados en 1949 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Biógrafos