Durga Chew-Bose, nada en Montreal en 1986, é unha escritora canadense de orixe india, residente en Brooklyn.

Traxectoria Naceu no Quebec, filla de pais de Calcuta. Mudouse aos Estados Unidos con 17 anos, onde asistiu á escola en Novo México durante dous anos. Máis tarde, asistiu ao Sarah Lawrence College, e conseguiu unha estancia dun ano na Universidade de Oxford.

Chew-Bose colaborou con diversas publicacións, como The Guardian, Buzzfeed, The Hairpin, Rolling Stone, GQ, The New Inquiry, n+1, Interview, Paper, Hazlitt, e This Recording. Na revista Nylon, Kristen Iverson describe a Chew-Bose como "unha das ensaístas e críticas máis talentosas e perspicaces"; en The Guardian, Sarah Galo di, "Se os millenials teñen referencias intelectuais, a escritora Durga Chew-Bose é unha delas, cos seus escritos extensos e reflexivos sobre identidade e cultura que atraen a atención dos lectores"

Chew-Bose tamén imparte clases de escritura no Sarah Lawrence College.

Too Much and Not the Mood Esta obra toma o seu título do diario de Virginia Woolf de 1931. Too Much and Not the Mood é unha colección de 14 ensaios nos que Chew-Bose describe "as complicacións de madurar e establecerse... o que significa ser unha moza negra nun mundo de brancos e o fermoso dilema de ser unha canadense de primeira xeración."

Os críticos salientaron a innovación estilística da escritura de Chew-Bose. Too Much and Not the Mood inclúese nunha lista dos "15 lanzamentos de libros feministas máis esperados de 2017". Sadie L. Trombetta describiu o libro como unha "colección de ensaios, cartas, prosa, e poesía." Too Much and Not the Mood foi tamén catalogado como "un dos 25 lanzamentos editoriais máis interesantes de 2017". Maris Kreizman dixo no New York Magazine's Vulture que "se admiras a habilidade de combinar o persoal e o académico nunha emocionante nova forma de arte de Maggie Nelson, Durga Chew-Bose será a túa nova escritora favorita." Publishers Weekly dixo do seu libro que "os xiros da linguaxe e as apaixonantes referencias culturais, elevan o debut de Chew-Bose por encima das coleccións de ensaios persoais recentes de autores novos"

Writers of Color Con Buster Bylander, Jazmine Hughes e Vijith Assar, Chew-Bose fundou A web Writers of Color en abril de 2015.. Writers of Color é unha base de datos de escritores negros contemporáneos que busca "dar máis visibilidade aos escritores de cor, facilitando o acceso ás súas publicacións, construír unha plataforma fácil de usar para os editores e representar con exactitude aos escritores".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Durga Chew-Bose en Twitter Too Much and Not the Mood Entrevista con Durga Chew-Bose no podcast de BuzzFeed Another Round (24 de marzo de 2015)

Categoría:Nados en Montreal Categoría:Nados en 1986 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa