Amorodos salvaxes (en ) é un filme sueco escrito e dirixido por Ingmar Bergman que se estreou en 1957. Está protagonizado por Victor Sjöström, na súa última aparición na gran pantalla, que interpreta un vello que lembra o seu pasado. Ademais tamén aparecen actores habituais nos filmes de Bergman, como Bibi Andersson, Ingrid Thulin e Gunnar Björnstrand. Max von Sydow tamén aparece interpretando un pequeno papel. Bergman escribiu o guión mentres estaba hospitalizado. O filme explora temas filosóficos como a introspección e a existencia humana, e está considerado unha das mellores obras de Bergman.
Sinopse O profesor de medicina Isak Borg diríxese coa súa nora Marianne de Estocolmo a Lund para recibir o grao de honra da universidade de Lund polos seus 50 anos de carreira. No camiño, rememora os principais momentos da súa vida, temendo a morte que se aproxima. Coñece diversas persoas na estrada, como Sara e os seus compañeiros de viaxe, Viktor e Anders, que se dirixen a Italia, ou unha parella que fai lembrar a Borg a súa propia vida e matrimonio e cos que case teñen un accidente de tráfico.
Personaxes Victor Sjöström como Profesor Isak Borg Bibi Andersson como Sara Ingrid Thulin como Marianne Borg Gunnar Björnstrand como Evald Borg Jullan Kindahl como Agda Folke Sundquist como Anders Björn Bjelfvenstam como Viktor Naima Wifstrand como nai de Isak Gunnel Broström como Berit Alman Gunnar Sjöberg como Sten Alman Max von Sydow como Henrik Åkerman Ann-Marie Wiman como Eva Åkerman Gertrud Fridh como Karin Borg Åke Fridell como amante de Karin Sif Ruud como tía Olga Yngve Nordwall como tío Aron Per Sjöstrand como Sigfrid Borg Gio Petré como Sigbritt Borg Gunnel Lindblom como Charlotta Borg Maud Hansson como Angelica Borg Eva Norée como Anna Borg Göran Lundquist como Benjamin Borg Per Skogsberg como Hagbart Borg Lena Bergman como Kristina Borg Monica Ehrling como Birgitta Borg
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1957 Categoría:Filmes en lingua sueca Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes dirixidos por Ingmar Bergman Categoría:Filmes sobre a vellez Categoría:Filmes gañadores do Oso de Ouro Categoría:Filmes de 1957 con versión en galego