Anxo López Baranga, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) en 1956, é un pintor, actor e director de teatro galego. Vive en Barcelona desde 1979.

Traxectoria Diplomado pola Escola Massana de Barcelona e La Llotja (Escola Oficial d’Arts Aplicades i Oficis Artístics de Barcelona). Foi autor das ilustracións de dous libros de J.A.M.J.A.M.: Pseudónimo de José Antonio Martínez Rodríguez. Outros nomes: Martínez Rodríguez, José Antonio / X. A. M. / M. J. A. e ten colaborado en publicacións de Galicia como A Nosa Terra, Escrita, Alborada, ou Treboada. Participou na creación dos fanzines Microbius (1979), Kanalla (1993) e Catalizador (2009).

É cofundador e director de grupos teatrais en Barcelona como Terceiro Andar (1980) no Centro Galego de Barcelona, Canalla (1993), Furafollas Agrupación Teatral (2001) e AUGATEBA (Aula Universitaria Galega de Teatro de Barcelona dirixida por Camilo Valdehorras), así como o FDG Teatro na súa parroquia natal (2001). Foi membro do Institut de Experimentació Teatral da Universidade de Barcelona, dirixido por Ricard Salvat e participa no Festival de Tardor de Barcelona (1990 e 1991).

Como pintor, con estudo no barrio barcelonés do Raval, simultanea a creación dunha obra persoal co activismo social desde a cultura, como se demostra no seu interese por activar unha arte popular e baseada na conciencia da diferenzas étnicas e lingüísticas no programa Catalizador (2009), que se desenvolveu desde a galería La Xina A.R.T., do fonsagradino Benxamín Álvarez, e coas actividades para a recuperación da obra de Florencio Delgado Gurriarán (FDG) en Córgomo como as Xornadas Teatrais FDG de Córgomo (2001-2009), murais nas casas da parroquia e a defensa da candidatura de Delgado Gurriarán para dedicarlle o Día das Letras Galegas.

Organizou obradoiros de banda deseñada, debuxo e pintura en diferentes escolas de primaria e secundaria en colaboración co Proxecto Galauda. En 2017, xunto co artista Jaume Muelas, crea o espazo artístico ArtefactoRoig.

Participou de maneira activa en numerosas accións e agrupacións a prol dunha cultura galega crítica desenvolvida en Cataluña, como a Plataforma Nunca máis de Cataluña, Asemblea Cultural Galega en Barcelona (ACGB).

Obra miniatura|300px|Mural en Córgomo, obra de Anxo Baranga."Córgomo lleva el arte a la fachada" (11/10/2018). La Región Exposicións 1996 Cidade, Galería Manifiesto, Barcelona. 1996 No país da auga, Fundación Sotelo Blanco, Compostela. 2003 Baranga, Casa Grande de Viloira, O Barco de Valdeorras. 2003 No país de Nunca máis, Amics de les Arts i Joventuts Musicals, Terrassa. 2007 Eu tamén navegar, La Xina A.R.T., Barcelona. 2008 MOR, Galería Sargadelos de Barcelona. 2009 O catalizador, La Xina A.R.T.. Barcelona. 2013 Entre muros, Galería Paspartú, Barcelona. 2017 Trementinaires, Tuixent. 2019 Cinc cèntims de Raval, con Lito Caramés e J. Muelas, Ferrer Marcs, Barcelona. 2024 Manifesta15, Barcelona. 2025 OLLOS DE VIDRO, Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. 2025 Baranga en Construción, Sala Abanca do Barco de Valdeorras.

Publicacións

Un pequeno favor e outras historias de humor perverso (Sotelo Blanco, 1984; con J.A.M.) O ollo pecho e outras historias desagradables (Sotelo Blanco, 1989; con J.A.M.)

Recoñecementos

Gañador do Premio da Secretaría Xeral de Emigración 2007 da Xunta de Galicia na sección de pintura. Irmán maior da Irmandade Florencio Delgado Gurriarán, 2017.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos

Escrita (revista) Furafollas Agrupación Teatral

Ligazóns externas Anxo Baranga en Youtube Anxo Baranga en Linguàrium, RTVE

"Anxo Baranga y Furafollas Agrupación Teatral presenta en Córgomo el espectáculo Viaxe a Galicia", Creando tu Provincia, 11/5/2016 . Paradelo, Xabier: "Unha intensa axenda na galería barcelonesa: banda deseñada, pintura, teatro, humor gráfico...", Vieiros, 14/4/2008. Arteinformado. Espacio iberoamericano del arte

Categoría:Nados en Vilamartín de Valdeorras Categoría:Nados en 1956 Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes