A Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza (FESGA) é unha fundación de interese galego"ORDE do 26 de maio de 2004 pola que se clasifica como de interese social a Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (Fesga).", DOG. constituída pola Confederación Intersindical Galega en maio do 2004. Leva o nome do militante galego Moncho Reboiras.
Finalidades Fomentar o estudo e a investigación sobre cuestións sociais e laborais, en xeral. Realizar ou colaborar na investigación, estudo, formación e divulgación sobre a historia dos sindicatos e do movemento obreiro galego, particularmente do sindicalismo nacionalista. Realizar ou colaborar na investigación, estudo, formación e divulgación sobre a historia de Galiza, especialmente os temas sociais e económicos, e a participación da nosa emigración nos movementos sociais no exterior. Estudar a realidade actual da clase obreira galega e dos movementos sociais, así como a problemática nacional. Divulgar na clase obreira galega e os movementos sociais do país outras experiencias exteriores. Formar dirixentes e cadros sindicais, delegados e traballadores que desexen ter unha maior participación sindical. Dar a coñecer as experiencias, análises e reflexións do sindicalismo galego, especialmente o nacionalista, a outras centrais sindicais do exterior e outros movementos sociais en xeral. Ser depositaria dos arquivos da Confederación Intersindical Galega. Recoller, catalogar, clasificar e dixitalizar a documentación referida ao movemento obreiro galego, especialmente ao sindicalismo nacionalista, así como do nacionalismo galego, en todos os campos de acción. Facilitar a consulta aos estudantes e investigadores, da documentación arquivada na Fundación. Divulgar e fomentar o estudo e investigación, no campo histórico e xurídico, daqueles temas que contribúan á mellora das condicións da clase obreira. Así como doutras ciencias sociais.
Liñas de actuación Actualmente, a Fundación Moncho Reboiras ten principalmente seis liñas de actuación:
Documentalismo Recollida, catalogación, clasificación e dixitalización de documentación referida ao movemento obreiro galego, especialmente ao sindicalismo nacionalista, así como do nacionalismo galego en todos os campos de acción.
Xestión do arquivo histórico da CIG e do arquivo audiovisual de memoria do sindicalismo nacionalista galego que dá lugar ao Centro de Documentación do Sindicalismo Nacionalista Galego.
Formación Organización de cursos, xornadas e conferencias-coloquio de formación sindical.
Publicacións e comunicación Edición de libros, cadernos, revistas e/ou folletos.
Divulgación a través de Internet.
Audiovisual Realización e edición de audiovisuais, principalmente en formato documental.
Eventos e xornadas Organización de eventos, xornadas ou conferencias con finalidade divulgativa.
Presenza da fundación en diferentes eventos, feiras ou encontros.
Exposicións Realización, edición e montaxe/desmontaxe de exposicións divulgativas.
Padroado O Padroado está formado por:"Composición do padroado da Fundación Moncho Reboiras", Consultado o 19 de xaneiro de 2018.
Suso Seixo (presidente) Manuel Mera (secretario e director) Uxío-Breogán Diéguez Cequiel (apoderado) Paulo Carril Margarida Corral Sánchez Xosé Francisco Miranda Vigo Antolín Alcántara Álvarez Ramiro Oubiña Parracho Nicolasa Castro Monteiro Elvira Souto Presedo Xosé Lois Rivera Jácome Bautista Vega Tato.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web da Fundación Moncho Reboiras
Moncho Reboiras