Inés Gallo de Urioste, nada en Buenos Aires o 10 de novembro de 1980, é unha escritora, tradutora e editora arxentina, máis coñecida polo pseudónimo de Lola Copacabana.

Traxectoria Lola Copacabana deuse a coñecer a través do seu blog JustLola, creado en 2003, escrito nun formato similar a un diario tradicional: pequenos parágrafos que relataban diferentes aspectos da súa vida, desde a súa fascinación por Simone de Beauvoir até as súas relaciones de parella pasando pola maternidade e os estudos. Editorial Sudamericana propúxolle publicar un libro a partir do blog, titulado Buena leche.

Amais de editar o seu blog durante dez anos, antologou e traduciu ao castelán do Río da Prata, xunto a Hernán Vanoli, Alt-lit: literatura norteamericana actual (2014, Interzona), antoloxía onde se explora o concepto da literatura alternativa, xénero literario no que se publican obras con deseños de Internet ou da cultura relacionada.

Con Vanoli fundou o selo editorial Momofuku, que publicou en 2015 a súa primeira novela, Aleksandr Solzhenitsyn. Crimen y castigo en la Ciudad Autónoma de Buenos Aires. En 2017 foi seleccionada como unha dos 39 mellores autores latinoamericanos menores de 39 anos no marco do Hay Festival de Bogotá.

Obra Buena leche. Diario de una joven (no tan) formal (Editorial Sudamericana, 2006; relatos a partir do seu blog) Aleksandr Solzhenitsyn. Crimen y castigo en la Ciudad Autónoma de Buenos Aires (Momofoku, 2015; novela)

Notas

Véxase tamén

Ligaźons externas Lola Copabacana na web da Editorial Momofuku Luis Diego Fernández. «Buenos Aires mon amour», RevistaPaco, 25 de marzo de 2015 «Reincidencia», texto de Lola Copabacana Matías Méndez. «"Me interesa retratar tanto las miserias como los aciertos"», Infobae, 10 de maio de 2015

Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1980