José María Varela Salido, nado en Monfero cara a 1895 e finado en Ares o 19 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Ferreiro. Secretario da Sociedade agraria de Grandal. Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro da xestora de Vilarmaior que quedou constituída o 23 de maio de 1936 e foi elixido tenente de alcalde.El Pueblo Gallego, 29-5-1936, p. 13. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Pontedeume a finais de xullo por circular armado nos días posteriores ao golpe. Tamén foron detidos Francisco López Deibe e Antonio Infante Deibe.El Pueblo Gallego, 2-8-1936, p. 6. Foi paseado en Caamouco (Ares) o 19 de agosto de 1936.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Concelleiros de Vilarmaior Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Nados en Monfero
Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos