Joaquín Rodríguez Rodríguez, finado en Vilarmaior en 1936, foi un político galego.
Traxectoria Comerciante, representante de máquinas de escribir e dono dunha estafeta de correos en Lavandeira. En 1926 xunto con outros veciños reveláronse contra do cura de Soaserra polo pago das oblatas. Na República foi concelleiro de Cabanas pola ORGA. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e asasinado. Foi soterrado nunha fosa común no cemiterio de Grandal (Vilarmaior).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazónz externas
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Concelleiros de Cabanas Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Finados en 1936
Categoría:Nados en ano descoñecido