Gonzalo Carré Alvarellos, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1891 finado na mesma cidade o 18 de decembro de 1983,La Voz de Galicia, 19-12-1983, p. 29, 47. foi un deportista e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de Uxío Carré Aldao e de Purificación Alvarellos Pena, foi irmán de Xosé, Uxío, Leandro e Lois Carré Alvarellos. Foi pai das escritoras María del Pilar Carré e May Carré.

Comezou a xogar como futbolista no Reina Victoria en 1905, e xogou tamén no FC Galicia e no María Pita. Posteriormente deixou o fútbol para practicar atletismo, deporte que descubriu en revistas inglesas e francesas na librería que tiñan seus pais, e foi o primeiro atleta da Coruña, especializándose en lanzamento de peso e xavelina. Desde 1908 foi comentarista deportivo no diario El Noroeste, onde asinaba como Gonzalito, e foi nomeado vicesecretario da Federación Galega de Fútbol. En 1921 proclamouse campión galego de lanzamento de disco. Foi un dos organizadores da primeira Volta ciclista a Galicia en 1933, e entre 1955 e 1972 estivo na directiva da Federación Galega de Atletismo. miniatura|300px|Uxío Carré Aldao cos seus fillos, de esquerda a dereita Gonzalo, Leandro, Uxío, Lois e Carlos. Recibiu a medalla de ouro ao mérito atlético da Federación Galega de Atletismo, a medalla de prata da Federación Española de Atletismo (1960) e a de bronce da Delegación Nacional de Educación Física y Deportes (1965). Foi xuíz nacional e honorario da Real Federación Española Atlética.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Gonzalo Carré Alvarellos en Galegos.info.

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1891 Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Finados en 1983