Scott McCloud nado como Scott McLeod en Boston (Massachusetts) o 10 de xuño de 1960 é un creador de bandas deseñadas estadounidense e defensor do cómic como unha forma literaria e de arte autónoma. miniatura|267x267px|Scott McCloud en Montreal, Quebec, 2006.

Traxectoria McCloud comezou a destacarse como autor de bandas deseñadas coa serie de ficción científica Zot!, publicada entre 1984 e 1990 por Eclipse Comics. O seu traballo na serie proporcionoulle unha candidatura ao premio Eisner de "Mellor Escritor e Debuxante" en 1988.

Os seus outros traballos de banda deseñada inclúen Destroy!!, a novela gráfica The New Adventures of Abraham Lincoln e o guión de doce edicións de Superman Adventures da DC Comics (revista baseada na serie animada Superman: The Animated Series producida por Bruce Timm), a miniserie Superman: Strength, e a súa novela gráfica The Sculptor, lanzada en 2015.Scott McCloud Unpacks and Defends The Sculptor’s Ending

A súa popularidade, no entanto, é maior como teórico da banda deseñada, debido aos seus libros Entender o cómic (1993) e Reinventing Comics: How Imagination and Technology Are Revolutionizing an Art Form (2000).Desenhando Quadrinhos – O Segredo das Narrativas de Quadrinhos, Mangás e Graphic Novels

En 2006, publicou Making Comics: Storytelling Secrets of Comics, Manga and Graphic Novels. Nesas obras, todas presentadas como bandas deseñadas, McCloud aborda todo o proceso de creación de historias nese formato, analizándoo tanto polos aspectos conceptual e artístico como tamén polo técnico e comercial.

Soctt McCloud foi tamén un dos pioneiros na produción de webcómics e creador do concepto de 24 horas de cómic (24-hour comic), en que un único artista traballa durante 24 horas ininterrompidas creando unha historia de 24 páxinas. A idea, que xurdiu dun desafío persoal co debuxante Stephen Bissette, dende entón logrou un número significativo de adeptos.The 24-Hour Comics Index

O 1 de setembro de 2008, para divulgar o lanzamento do navegador Google Chrome, a Google publicou en Internet unha nota de prensa en formato de cómic debuxada por McCloud.Google Chrome, behind the Open Source Browser Product

Recepción e legado McCloud ten sido chamado o "Marshall McLuhan da banda deseñada".

Obras Zot! Zot!: Book One (Eclipse Books, 1991) Zot!: Book Two (Issues 11-15 & 17-18) (Kitchen Sink Press, 1998) Zot!: The Complete Black and White Collection: 1987-1991 (Harper Paperbacks, 2008) Understanding Comics Understanding Comics: The Invisible Art (1993). Editado en galego como Entender o cómic. A arte invisible Reinventing Comics: How Imagination and Technology Are Revolutionizing an Art Form (2000) Making Comics: Storytelling Secrets of Comics, Manga and Graphic Novels (2006) The New Adventures of Abraham Lincoln (Image Comics, 1998) 24 Hour Comics (editor) (About Comics, 2004) Destroy! (Oversized Edition) (Eclipse Books, 1986) The Sculptor (First Second, 2015)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Comiclopedia Lambiek

Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Nados en 1960