O aeroporto internacional de Las Vegas-Harry Reid é o principal aeroporto que serve á área metropolitana de Las Vegas, unha grande área urbana no estado de Nevada. Está situado en Paradise, a uns 8 quilómetros ao sur do centro de Las Vegas. É propiedade do condado de Clark e operado polo seu Departamento de Aviación. Foi bautizado na honra do senador Pat McCarran, un membro do Partido Demócrata que axudou ao desenvolvemento da aviación, tanto en Las Vegas como a nivel nacional.
O aeroporto foi construído no ano 1942 e comezou as súas operacións comerciais en 1948. Dende entón pasou por importantes ampliacións. Ten catro pistas e dúas terminais de pasaxeiros: a Terminal 1 e a Terminal 3. Ao leste das terminais atópase o Marnell Air Cargo Center, e no oeste están as instalacións dos operadores do aeroporto e de compañías de helicópteros.
No ano 2016 pasaron por Harry Reid máis de 47 millóns de pasaxeiros. É o 26º aeroporto máis concorrido do mundo en termos de pasaxe e o 8º en movementos de avións. Opera voos a destinos en Norteamérica, Europa e Asia. É unha base operativa para Allegiant Air, ademais de ser unha base de tripulacións e mantemento para Frontier Airlines, Southwest Airlines e Spirit Airlines.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Las Vegas