Os potawatomi son un pobo indíxena do grupo anishinaabe que habita na rexión das Grandes Chairas, ó norte do río Mississippi e no oeste da rexión dos Grandes Lagos. Están relacionados cos pobos ojibwa e ottawa. Tradicionalmente, falan a lingua potawatomi, pertencente á familia algonquina. Os potawatomi chámanse a si mesmos Neshnabé, un conato da palabra Anishinaabe. Os potawatomi formaban parte dunha alianza de longa duración, coñecida como concilio de tres lumes, cos pobos ojibwe e ottawa. No concilio de tres lumes, os potawatomi eran considerados o "irmán máis novo" ou bodéwadmi.
No século XIX, foron forzados a trasladarse cara ó oeste polos europeos e foron recluídos en reservas en Oklahoma. Por mor da deportación masiva de indíxenas, moitos cederon as súas terras e foron recolocados en Nebraska, Kansas e o Territorio Indio. Algunhas bandas sobreviviron no Medio Oeste e no presente forman tribos recoñecidas. No Canadá, existen máis de 20 bandas de potawatomi.
Véxase tamén
Ligazóns externas Hannahville Indian Community; Wilson, MI Citizen Potawatomi Nation, official website First Nations Compact Histories: Potawatomi History
Categoría:Pobos algonquinos Categoría:Pobos indíxenas dos Estados Unidos de América Categoría:Pobos indíxenas do Canadá