T2 Trainspotting é un filme escocés de drama e comedia dirixido por Danny Boyle que se estreou en 2017. Está ambientado na cidade de Edimburgo, e baséase nas personaxes da novela de Irvine Welsh Trainspotting e a súa continuación Porno. T2 foi estreado no Reino Unido o 27 de xaneiro de 2017Jordan Bassett, "T2 Trainspotting: Everything We Know So Far About Danny Boyle’s Upcoming Sequel", NME, 6 de xaneiro de 2017 e en todo o mundo entre febreiro e marzo dese mesmo ano.

É a secuela do filme de Boyle Trainspotting (1996), e conta co mesmo elenco, que inclúe a Ewan McGregor, Ewen Bremner, Jonny Lee Miller e Robert Carlyle, con Shirley Henderson, James Cosmo e Kelly Macdonald facendo cameos. T2 presenta unha nova personaxe, Veronika, intepretada por Anjela Nedyalkova. T2 é deliberadamente autorreferencial, con cortes, música e ecos do primeiro filme, pero é máis lento que o primeiro. O guión baséase en Porno, con elementos e personaxes extraídos de Trainspotting.

Personaxes

Ewan McGregor como Mark "Rent Boy" Renton Hamish Haggerty como Renton de mozo Ben Skelton como Renton con 9 anos Connor McIndoe como Renton con 20 anos Ewen Bremner como Daniel "Spud" Murphy Aiden Haggarty como Spud con 9 anos John Bell como Spud con 20 anos Jonny Lee Miller como Simon "Sick Boy" Williamson Logan Gillies como Simon con 9 anos James McElvar como Simon con 20 anos Robert Carlyle como Francis "Franco" Begbie Daniel Jackson como Begbie de mozo Daniel Smith como Begbie con 9 anos Christopher Mullen como Begbie con 20 anos Kelly Macdonald como Diane Coulston Shirley Henderson como Gail Houston James Cosmo como Mr Renton Anjela Nedyalkova como Veronika Kovach Steven Robertson como Stoddart Elek Kish como Dozo Simon Weir como Jailhoose Bradley Welsh como Mr Doyle Pauline Turner como June Begbie Kyle Fitzpatrick como Fergus Charlie Hardie como Fergus con 9 anos Scot Greenan como Frank Jr. Eileen Nicholas como Mrs Renton (imaxes de arquivo) Kevin McKidd como Tommy MacKenzie (imaxes de arquivo) Elijah Wolf como Tommy con 9 anos Michael Shaw como Tommy con 20 anos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua scots Categoría:Filmes de Escocia Categoría:Filmes dirixidos por Danny Boyle Categoría:Filmes rodados en Edimburgo Categoría:Filmes ambientados en Edimburgo Categoría:Filmes de TriStar Pictures Categoría:Filmes sobre drogas