Isidro Dubert García, nado en Muros o 2 de novembro de 1961, é un historiador e catedrático de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria Catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela dende 2010, é membro do consello de redacción de Annales de Démographie Historique. Fundador da revista especializada Obradoiro de Historia Moderna (1991-1992) da que actualmente (2018) é director. Profesor invitado na École des Hautes Études en Sciences Sociales de París no curso 2014-2015. Dende 2008 é membro do Conselho de Asesoramento Científico do Centro de Estudos da População, Economia e Sociedade da Universidade de Porto. Foi membro así mesmo da xunta directiva da Asociación de Demografía Histórica Española, (2008-2011), e vogal da Fundación Española de Historia Moderna (2011-2014). Na actualidade (2018) é director do departamento de Historia Moderna.
Realizou estancias de investigación na Universitá degli Studi dei Bologna (1989); na EHESS de París (1990, 1998, 2004); na University de Cambridge (2001) e no CRM da Université de la Sorbonne-Paris IV (2008). Participou en numerosos congresos, coloquios e seminarios especializados nacionais e internacionais. Foi Investigador Principal en distintos proxectos de I+D+i conseguidos en réxime de concorrencia competitiva, como Servizo doméstico e mercados de traballo na Galicia do Antigo Réxime, séculos XVIII-XIX (2002-2004); Vellez e envellecemento na historia de Galicia (2005-2008); ou Mobilidade poboacional campo-cidade, mortalidade e estrutura demográfica urbana no noroeste peninsular(2010-2012).
Aínda que nos últimos anos se interesou polo estudo das migracións campo-cidade, o servizo doméstico, a socioloxía do clero, a cultura popular, a pesca e o comercio marítimo ou a vellez e o envellecemento da poboación, os seus actuais centros de interese viran ao redor do estudo dos mercados de traballo urbanos e a análise sociodemográfica da sexualidade pre e extramarital. Os resultados máis relevantes das súas investigacións apareceron publicados en revistas especializadas como Journal of Family History; Gender&History; Annales de Démographie Historique; Continuity and Change; População e Sociedade; Revista de Demografía Histórica; Obradoiro de Historia Moderna; Revista de Historia Agraria ou Studia Storica. Historia Moderna.
Obra bibliográfica Los comportamientos de la familia urbana en la Galicia del Antiguo Régimen el ejemplo de Santiago de Compostela en el siglo XVIII. Santiago de Compostela: USC. 1987. 84-7191-423-9.Estructura y comportamientos familiares en la Galicia de fines del Antiguo Régimen. Santiago de Compostela: USC. 1991. 84-7191-700-9Historia de la familia en Galicia durante la época moderna, 1550-1830 (estructura, modelos hereditarios y conflictividad). Ediciós do Castro. 1992. 84-930453-3-0Carlos V y la ciudad de La Coruña. Madrid: Club Bibliófilo Versol. 2000. 84-930453-3-0Cultura popular e imaxinario social en Galicia, 1480-1900. Santiago de Compostela: USC. 2007. 978-84-9750-789-9Bartolomé Rajoy y Losada, arzobispo y señor de Compostela. Vigo: Nigra Trea. 2010. 978-84-15078-04-3
Vida persoal É irmán de Francisco Dubert.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas “A emigración non é un fracaso do que marcha, senón do que queda” El Correo Gallego'', 12/6/2016.
Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1961 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Oviedo