Xoán Ninguén (en inglés Meet John Doe) é un filme estadounidense de 1941 dirixido por Frank Capra e protagonizado por Gary Cooper e Barbara Stanwyck.

Foi emitido na TVG o 20 de setembro de 2002.La Voz de Galicia, 20 de setembro de 2002. Páx. 70

Argumento Cando un poderoso empresario compra un xornal e despide case todo o persoal, Ann, unha audaz xornalista, decide publicar no seu derradeiro artigo unha carta falsa en que se anuncia o próximo suicidio dun dos empregados despedidos, que firme como "John Doe". O éxito do artigo é tal que o xornal decide buscar un John Doe, para o que contrata un vagabundo, antigo xogador de béisbol, que se converte nunha personaxe moi popular e un líder de opinión. John Doe non está só, senón que ten o seu mellor amigo, The Colonel, que lle lembrará que cousas son importantes na vida. Cando o protagonista descobre de que xogo está a ser vítima pensa en suicidarse ante os seus seguidores.

Elenco

Gary Cooper como John Doe/Long John Willoughby Barbara Stanwyck como Ann Mitchell Edward Arnold como D.B. Norton Walter Brennan como The Colonel Spring Byington como Mrs. Mitchell James Gleason como Henry Connell Gene Lockhart como Mayor Lovett Rod La Rocque como Ted Sheldon Irving Bacon como "Beanie" Regis Toomey como Bert Hansen (acreditado como 'Bert') J. Farrell MacDonald como "Sourpuss" Harry Holman como Mayor Hawkins Warren Hymer como "Angelface" Pierre Watkin como Hammett Sterling Holloway como Dan Harry Davenport como Former Bulletin Owner (sen acreditar)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Six Screen Plays by Robert Riskin (1997), editado e introdución de Pat McGilligan, UC Press E-Books Collection. Screenplay en Dailyscript.com.

Categoría:Filmes de 1941 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Frank Capra Categoría:Filmes sobre xornalistas Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes de 1941 con versión en galego