Illa Tawitawi (tamén escrito Tawi Tawi ou Tawi-Tawi) é unha illa Filipina no Arquipélago Sulu entre o Mar de Sulu e o Mar de Célebes, aproximadamente a 64 km ao leste de Borneo. É a illa principal da provincia de Tawi-Tawi.
Tawi-Tawi ten unha superficie de 580´5 km², polo que é a vixésima illa máis grande de Filipinas, e a 3ª illa máis grande do arquipélago de Sulu (logo de Basilán e Joló). Ten unha lonxitude costeira de 152´2 km, e unha elevación máxima de 549 m.
A illa Tawi-Tawi é de orixe volcánica e ten forma irregular, con arredor de 55 km de longo e entre 10 a 23 km de largo. É montañosa e moi boscosa, con salpicaduras de praias de area branca e costas rochosas.
A illa subdivídese en 4 municipios (Bongao, Languyan, Panglima Sugala, e Tandubas). Os habitantes son na súa maioría son do pobo Sama, falando a lingua Sama-Bajaw e de relixión musulmán.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
Categoría:Illas de Filipinas