, nada en 1847 e finada en 1868, foi unha samurai xaponesa, ou onna-bugeisha, do dominio de Aizu, que loitou e morreu durante a guerra Boshin. Nakano, nada en Edo, era a filla de Nakano Heinai, un oficial de Aizu. Foi adestrada nas artes marciais e instruída en literatura, e foi adoptada polo seu mestre Akaoka Daisuke.Yamakawa Kenjirō; Munekawa Toraji (1926). Hoshū Aizu Byakkotai jūkyūshi-den. Wakamatsu: Aizu Chōrei Gikai. pp. 63–64. Despois de traballar co seu pai adoptivo na instrución de artes marciais durante a década de 1860, Nakano entrou en Aizu por vez primeira en 1868.
Durante a batalla de Aizu, loitou cunha naginata (unha arma de hasta xaponesa) e foi a líder ad hoc das forzas femininas de combate que loitaron independentemente na batalla, xa que os retenedores de Aizu non lle permitiron loitar como parte oficial do exército do dominio.Hoshi Ryōichi (2006). Onnatachi no Aizusensō. Tokyo: Heibonsha. p. 80. Esta unidade foi coñecida posteriormente como o .
Mentres lideraba unha carga contra as tropas do Exército Imperial Xaponés do dominio Ōgaki,Yamakawa Kenjirō; Munekawa Toraji (1926). Hoshū Aizu Byakkotai jūkyūshi-den. Wakamatsu: Aizu Chōrei Gikai. p. 69. recibiu un disparo mortal no peito. No canto de deixar que o inimigo capturase a súa testa como un trofeo, pediulle á súa irmá, Yūko, que lla cortase e a enterrase. Foi levada ó templo Hōkai (na actual Aizubange, Fukushima) e enterrada debaixo dun piñeiro.
Un monumento dedicado a ela foi erixido a carón da súa tumba no templo Hōkai; e o almirante da Mariña Xaponesa Dewa Shigetō estivo involucrado na súa construción.
miniatura|dereita|200px|Representación de Nakano Takeko e a súa unidade de mulleres no festival de outono de Aizu, en 2006. Durante o festival anual de outono en Aizu, un grupo de mullere mozas vestindo hakama e bandanas brancas toman parte nunha procesión, conmemorando as accións de Nakano e a súa banda de mulleres loitadores do Joshigun.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Hangaku Gozen Tomoe Gozen Shizuka Gozen
Bibliografía
(incl. "The Women's Army – the Joshigun")
Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1868 Categoría:Samurai