Achterom é o nome dunha canle e da súa rúa anexa, na zona vella da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.
Historicamente foi unha canle de moito tránsito de mercadorías, xa que se localiza nun punto da cidade entre dúas canles e rúas de moita actividade comercial.
Historia No século XIII, a canle, que comezaba na Brabantse Turfmarkt, marcaba o límite oriental da cidade.
Aínda cara a 1350, malia que as vivendas de Achteron pertencían a Delft, as terras adxacentes eran reclamadas pola abadía de Rijnsburg.
En 1355 tivo lugar unha forte controversia acerca da titularidade da zona e, finalmente, a xurisdición de Delft non foi a que prevaleceu. Entre outras consecuencias, esta área converteuse en refuxio dos delincuentes expulsados da cidade."Toen in Delft: Hoe de straat Achterom aan zijn naam komt". En Indebuurt.nl.
Edificios de interese miniatura|Porta do edificio histórico do número 47-53, coa data de construción inscrita (rijksmonument) A listaxe de monumentos nacionais dos Países Baixos (Rijksmonument) inclúe catro edificios ao pé desta canle, nos números 2, 6, 45 e 47.<ref>"Monumenten aan het Achteron ". En Wikidelft.nl. </ref>Monumentos de interese. No sitio web do concello de Delft. Notas
Véxase tamén
Bibliografía Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen.'' Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. ISBN 908065415 Outros artigos Delft
Categoría:Arquitectura en Delft Achterom Categoría:Rijksmonument