miniatura|Sala de concertos da Orquestra sinfónica de San Francisco. A orquestra sinfónica ou orquestra filharmónica é unha agrupación ou conxunto musical de gran tamaño que conta con varias familias de instrumentos musicais, como o vento madeira, vento metal, percusión e corda. Unha orquestra sinfónica ou filharmónica ten, xeralmente, máis de oitenta músicos na súa lista. Só nalgúns casos chega a ter máis de cen, pero o número de músicos empregados nunha interpretación particular pode variar segundo a obra que vai ser executada.
O termo «orquestra» derívase dun termo grego que se usaba para nomear á zona fronte ao escenario destinada ao coro e significa ‘lugar para bailar'.
Instrumentos musicais da orquestra sinfónica miniatura|300px|Esquema dunha das posibles colocacións dos instrumentos nunha orquestra sinfónica. A orquestra de cámara ou sinfónica típica consta de catro grupos proporcionais de instrumentos musicais similares, polo xeral aparecen nas partituras na seguinte orde (coas súas respectivas proporcións indicadas): Vento madeira: 1 frautín, 2 frautas, 2 óboes, 1 corno inglés, 2 clarinetes e 2 fagots. Ocasionalmente tamén se inclúen 1 clarinete baixo ou 1 contrafagot e saxofóns Vento metal: de 2 a 5 trompetas, de 2 a 6 trompas, 2 ou 3 trombóns tenores e 1 ou 2 baixos. Ocasionalmente, 1 tuba. Percusión: varía moito dependendo da obra, podendo atopar timbais e caixa. Cordas: 40 violíns, de 8 a 12 violas ou máis, de 8 a 12 violonchelos ou máis e de 5 a 8 contrabaixos ou máis. Ocasionalmente tamén se inclúen arpa e piano. Cada sección da orquestra ten unha colocación determinada de 15 tipos de instrumentos, que veu sendo normalizada pola potencia sonora dos instrumentos. Así, os instrumentos de corda sitúanse á fronte, de máis agudo a máis grave, detrás colócanse os instrumentos de vento, primeiro madeira e logo metal, e ao final colócanse os instrumentos de percusión e o piano.
Destes instrumentos, hai moitos que son o corazón da orquestra e nunca se renuncia a eles, e outros que son auxiliares e non sempre aparecen na orquestra, a pesar de ser parte do modelo estándar. Por exemplo, os violíns son imprescindibles pero o piano non sempre se atopa.
Director de orquestra O director da orquestra cumpre cunha función principal respecto da orquestra sinfónica, posto que é o que a dirixe e determina a disposición dos instrumentos. É unha persoa que non só mantén o tempo da peza e da as entradas dos instrumentos para que a interpretación sexa coherente, senón que debe interpretar a partitura segundo o concepto “global”, manténdose fiel ao espírito orixinal da obra pero dando unha visión persoal. Para conseguilo, debe coñecer en profundidade a vida e obra dos compositores. O director non aparece na orquestra até o século XIX, cando realmente establecéronse os estándares de orquestra sinfónica.
Anteriormente era o primeiro violín (concertino), o clavecinista ou organista quen dirixía (continuista), e actualmente encárganse de afinar o conxunto e da colocación do director dentro do campo visual dos intérpretes. O solista nas obras sitúase xunto ao director.
Orquestras sinfónicas en España
Euskadiko Orkestra Sinfonikoa Orquestra Simfónica Camerata XXI Orquestra Ciudad de Granada Orquestra da Comunidade de Madrid Orquestra Filharmónica de Gran Canaria Orquestra Filharmónica de Málaga Orquestra Nacional de España Orquestra Pablo Sarasate Orquestra Sinfónica de Galicia Orquestra Sinfónica de la Región de Murcia Orquestra Sinfónica de Madrid Orquestra Sinfónica de RTVE Orquestra Sinfónica de Tenerife Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias Orquestra de Cadaqués Orquestra de Valencia Orquestra Filharmònica de Catalunya (OCE) Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya Orquestra Simfònica de les Illes Balears 'Ciutat de Palma' Orquestra Simfònica del Gran Teatre del Liceu Orquestra Simfònica del Vallès Orquestra Simfònica Julià Carbonell de les Terres de Lleida Real Orquestra Sinfónica de Sevilla Real Filharmonía de Galicia
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Orquestra
Categoría:Música clásica Categoría:Tipos de agrupación musical