Na calor da noite (en ) é un filme estadounidense de drama e misterio dirixido por Norman Jewison que se estreou en 1967. Baséase na novela de John Ball In the Heat of the Night e conta a historia de Virgil Tibbs, un policía negro de Filadelfia, que se involucra nunha investigación de asasinato nunha pequena vila de Mississippi. O guión é obra de Stirling Silliphant.
O filme gañou cinco premios Oscar, incluíndo os premios de mellor filme e mellor actor. Tivo dúas secuelas, They Call Me Mister Tibbs! en 1970, e The Organization en 1971. En 1988, tamén se converteu na base dunha serie de televisión do mesmo nome. En 2002, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Estreouse en galego o 25 de febreiro de 2000 a través da TVG.
Personaxes Sidney Poitier como Detective Virgil Tibbs Rod Steiger como Xefe de Polícia Bill Gillespie Warren Oates como Sarxento Sam Wood Lee Grant como Leslie Colbert Larry Gates como Eric Endicott James Patterson como Lloyd Purdy William Schallert como Prefecto Webb Schubert Beah Richards como Mama Caleba Peter Whitney como CPL. George Courtney Kermit Murdock como H.E. Henderson Larry D. Mann como Watkins Quentin Dean como Delores Purdy Anthony James como Ralph Henshaw Arthur Malet como Ted Ulam (axente funerario) Scott Wilson como Harvey Oberst (sospeitoso de asasinato) Matt Clark como Packy Harrison Eldon Quick como Charlie Hawthorne (fotógrafo) Harry Dean Stanton (acreditado como Dean Stanton) como policía Jester Hairston como Henry (mordomo de Endicott)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1967 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Norman Jewison Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes sobre temas raciais Categoría:Filmes rodados en Illinois Categoría:Filmes rodados en Tennessee Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1967 con versión en galego