O aeroporto internacional de Aberdeen (IATA: ABZ, ICAO: EGPD) é un aeroporto internacional situado en Dyce, un suburbio da cidade escocesa de Aberdeen, a uns 9,3 km ao noroeste do seu centro. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 2 955 338 pasaxeiros, un 15% menos que no ano anterior. O seu propietario é AGS Airports, que tamén ten os aeroportos de Glasgow e Southampton.

O aeroporto de Aberdeen é unha base para BMI Regional, Eastern Airways, Flybe e Loganair. Tamén serve como principal heliporto para a industria petrolífera escocesa no mar do Norte. Os aparellos máis modernos poden acadar as plataformas máis afastadas da zona das Shetland. Porén, os helicópteros normalmente usan Wick, Kirkwall, Scatsta e Sumburgh como paradas para reabastecer combustible.

Ten unha terminal principal, que serve voos de vacacións regulares e chárter. Ademais, hai catro terminais dedicadas a operacións de helicópteros no mar do Norte, usadas por Bristow Helicopters, CHC-Scotia, NHV Helicopters e Bond Offshore Helicopters. Tamén hai unha pequena terminal pegada á principal, Broomfield House, usada principalmente por voos chárter de compañías petrolíferas ata Scatsta in Shetland, operados por Eastern Airways.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Aberdeen