The La's foi un grupo de música inglés formado en Liverpool, orixinalmente activo dende 1983 até 1992. Liderado polo cantante e guitarrista Lee Mavers, o grupo é coñecido polo sinxelo "There She Goes". O grupo foi formado por Mike Badger en 1983 e Mavers uniuse o ano seguinte. O grupo xirou arredor do dúo de Lee Mavers (voz e guitarra) e John Power (baixo e coros) xunto con numerosos guitarristas e baterías que cambiaron ó longo do tempo, incluíndo Paul Hemmings, John "Timmo" Timson, Peter "Cammy" Cammell, Iain Templeton, John "Boo" Byrne, Chris Sharrock, Barry Sutton e Neil Mavers.

Tras a marcha de Badger a finais de 1986, a banda asinou con Go! Discs en 1987 e comezou a gravar o seu álbum de estrea. Tras o lanzamento dos sinxelos "Way Out" (1987), "There She Goes" (1988) e "Timeless Melody" (1990) e tras abortar varias sesións de gravación con diferentes produtores, o grupo lanzou o seu primeiro álbum, The La's, en 1990 con aclamación da crítica e un modesto éxito comercial. John Power deixou The La's para formar Cast e o grupo entrou nun longo hiato en 1992. A banda reformouse brevemente a mediados da década de 1990, en 2005 e 2011, pero non lanzaron novas gravacións.

Discografía Álbums de estudio The La's (1990) No. 30 (UK), No. 196 (US)

Álbums recompilatorios Lost La's 1984–1986: Breakloose (1999) Singles Collection (2001) Lost La's 1986–1987: Callin' All (2001) BBC in Session (2006) Lost Tunes (2008) De Freitas Sessions '87 (2010) Callin' All (2010)

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais formados en 1983 Categoría:Grupos musicais separados en 1992 Categoría:Grupos musicais de Liverpool