María del Carmen Alonso Seisdedos, nada en Vigo en 1961, é unha tradutora galega.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Autónoma de Barcelona (1984) e en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traduce desde o inglés, francés, portugués, italiano, alemán, catalán e castelán, principalmente ó galego. Blog da autora.
Desde o ano 1986, traduciu para dobraxe e subtitulación multitude de produtos audiovisuais ó galego.“Nunca volvo ver unha tradución miña, seguro que cambiaría cousas”, no Diario da Universidade de Vigo, 2015. Realizou correccións ortotipográficas e de estilo para editoriais galegas.
No ano 2009 iniciouse na tradución literaria e verteu ó galego autores como Orhan Pamuk, Kazuo Ishiguro e Herman Koch, así como obras de literatura infantil e xuvenil.
En 2024 debutou como novelista.[https://editorialgalaxia.gal/os-fios-da-identidade/ María Alonso Seisdedos debuta como novelista con “As Jermaine”, editorialgalaxia.gal, 5 de abril de 2024.
Narrativa
As Jermaine. Un misterio tenebroso (2024). Vigo: Galaxia. 164 páxs. ISBN 9788411761987.
Obras traducidas
Traduciu unha gran cantidade de obras desde diversas linguasMaría Alonso Seisdedos , blog da autora.María Alonso Seisdedos , en Cultura Galega.Páxina da tradutora, en Editorial Xerais.:
Obras literarias
Literatura para adultos
O museo da inocencia, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2009) con Bartug Aykan Neve, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2009) con Bartug Aykan Nocturnos, de Kazuo Ishiguro (Editorial Galaxia, 2010) O libro negro, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2011) con Bartug Aykan Chámome vermello, de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia, 2012) con Bartug Aykan A cea, de Herman Koch (Editorial Galaxia, 2012) con Antón Vialle Ulises, de James Joyce (Editorial Galaxia, 2013) con Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle O enigma de Qaf de Alberto Mussa (NovoVinilo Edicións, 2015) A concesión do teléfono, de Andrea Camilleri (NovoVinilo Edicións, 2017) Sombras de reis barbudos, de José J. Veiga (NovoVinilo Edicións, 2017) A casa do sono, de Jonathan Coe (NovoVinilo Edicións, 2017) O tatuador de Auschwitz, de Heather Morris (Edicións Xerais de Galicia, 2019) Mulleres e poder, de Mary Beard (Hércules de Ediciones, 2019) A muller do porvir, de Concepción Arenal (Consello da Cultura Galega, 2020) Na néboa, de Richard Harding Davis (Hugin e Munin, 2020) A contrapelo. Ou por que rachar co círculo da depilación, submisión e autoodio, de Bel Olid (Embora, 2020) Fodemos? De que non falamos cando falamos de sexualidades, de Bel Olid (Embora, 2021) Unha educación, de Tara Westover (Hércules de Ediciones, 2021) Canto eu e a montaña baila, de Irene Solà (Kalandraka, 2021) Dublineses, de James Joyce (Editorial Galaxia, 2022) Despois do diario de Anne Frank, de Bas Von Benda-Beckmann (Kalandraka, 2022) con Antón Vialle Bambi. Unha aventura na fraga, de Felix Salten (Editorial Galaxia, 2022) Mathilda, de Mary Wollstonecraft Shelley (Irmás Cartoné, 2022) Feminismo de peto, de Bel Olid (Embora, 2022) O día que morreu David Bowie, de Sebastià Portell Clar (Edicións Positivas, 2022) A Casa Grande de Romarigães, de Aquilino Ribeiro (Kalandraka, 2022) Léxico familiar, de Natalia Ginzburg (Edicións Laiovento, 2022) Carol, de Patricia Highsmith (Kalandraka, 2022) O talento do señor Ripley, de Patricia Highsmith (Kalandraka, 2022) Deiche ollos e miraches as tebras, de Irene Solà (Kalandraka, 2023) Morte accidental dun anarquista, de Dario Fo (Editorial Galaxia, 2023) Canas ao vento, de Grazia Deledda (Irmás Cartoné, 2023) Os Malagana, de Giovanni Verga (Irmás Cartoné, 2024) A forza escura, de Louis Couperus (Editorial Galaxia, 2024) con Antón Vialle Raparigas de uniforme, de Christa Winsloe (Irmás Cartoné, 2024) O coloso de Marusi, de Henry Miller (Edicións Laiovento, 2024)
Literatura infantil e xuvenil
As lentes de ver de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014) Carliños Súper M de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014) O rabaño de Margarita del Mazo (Ediciones La Fragantina, 2014) Os camiños das árbores de Pep Bruno (Ediciones La Fragantina, 2014) Grazas! de Charo Pita (Ediciones La Fragantina, 2014) Kiwi: un paxaro máis ben raro de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2014) O rei dos animais de Miguel Tanco (Ediciones La Fragantina, 2015) Osiño, a vella xirafa e o valado de pedra de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2015) Só un reloxo de Roberto Aliaga (Ediciones La Fragantina, 2015) Un día no mar de Paula Carbonell (Ediciones La Fragantina, 2015) Nemo, o rapaz sen nome, de David Morosinotto (Edicións Xerais de Galicia, 2016) O momento perfecto de Susanna Isern (Ediciones La Fragantina, 2016) Reckless. O fío de ouro, de Cornelia Funke (Edicións Xerais de Galicia, 2017) Nemo, o xigante de pedra, de David Morosinotto (Edicións Xerais de Galicia, 2017) O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai (Edicións Xerais de Galicia, 2017) O año que é un porquiño, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle Porque te quero moito, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle O granxeiro e o veterinario, de Milja Praagman (Hércules de Ediciones, 2018) con Antón Vialle O chuvasqueiro de Aurora, de María Márquez (Bellaterra Edicións, 2020) Os Rescatadores Máxicos e a trapela a Imaxinaria, de Sabrina Catdoor (La Galera, 2021) Os Rescatadores Máxicos e o aniversario do revés, de Sabrina Catdoor (La Galera, 2021) Susana Pillabana e as tesoiras, de Jaap Robben e Benjamin Leroy (Embora, 2022) con Antón Vialle Susana Pillabana e o dedo fedorento, de Jaap Robben e Benjamin Leroy (Embora, 2022) con Antón Vialle
Obras audiovisuais
Entre outras obras, traduciu ó galego para a súa posterior emisión en Televisión de GaliciaEntrevista á tradutora, no blog Derrubando isoglosas.:
Argo (Ben Affleck, 2012) Harry Potter e a pedra filosofal (Chris Columbus, 2001) Harry Potter e a Cámara dos Segredos (Chris Columbus, 2002) Harry Potter e o preso de Azkaban (Alfonso Cuarón, 2004) Harry Potter e o Cáliz de fogo (Mike Newell, 2005) Harry Potter e a Orde do Fénix (David Yates, 2007) Harry Potter e o misterio do príncipe (David Yates, 2009) Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte) (David Yates, 2010) Harry Potter e as reliquias da morte (2ª parte) (David Yates, 2011) Million Dollar Baby (Clint Eastwood, 2004)
Distincións
2009: Premio á Mellor Tradución da Asociación de Escritores en Lingua Galega por O museo da inocenciaA mellor tradución do ano en Editorial Galaxia, 2011., Orhan Pamuk e co-traducida con Bartug Aykan 2011: Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Adultos por O libro negroDous libros de Galaxia, premiados na web Fervenzas Literarias en Editorial Galaxia., de Orhan Pamuk e co-traducida con Bartug Aykan 2013: Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro traducido, por Ulises de James Joyce (obra cotraducida con máis autores) 2013: Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro traducido por Ulises de James Joyce 2013: Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia ao mellor libro do ano por Ulises de James Joyce 2013: Premio da AELG á mellor tradución por Ulises de James Joyce 2014: Premio Nacional de Tradución de España A versión en galego do 'Ulises' de Joyce gaña o Premio Nacional de Tradución en El Correo Gallego, 2013. por Ulises de James Joyce 2018: I Premio Xela Arias, organizado pola AGPTIA tradutora María Alonso Seisdedos é a gañadora do primeiro premio Xela Arias , páxinas web da AGPTI, 30 de outubro de 2018. 2021: Premio Plácido Castro de Tradución na súa XX ediciónMaría Alonso Seisdedos, gañadora do Premio Plácido Castro de Tradución na súa vixésima edición, Fundación Plácido Castro, 2 de setembro de 2022 por Canto eu e a montaña baila 2021: Premio Ramón Llull á mellor tradución literaria desde o catalán do ano por Canto eu e a montaña bailaMary Ann Newman, Claire Verlet, María Alonso Seisdedos y Simona Škrabec, Premis Internacionals Ramon Llull 2022, Institut Ramon Llull, 14 de decembro de 2022Un novo premio para a tradutora María Alonso Seisdedos, Diario Cultural, 20 de decembro de 2022 2022: Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Traducido do ano 2021 por Canto eu e a montaña baila, de Irene SolàOs Follas Novas premian a Diego Ameixeiras, Manuel Rivas, Yolanda Castaño e David Pintor, Nós Diario, 2022. 2023: Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Traducido do ano 2022 por Léxico familiar, de Natalia GinzburgEstas son as obras gañadoras duns Premios Follas Novas que homenaxean Lydia Cacho, a libraría Númax e Ediciós do Castro, Nós Diario, 2023. 2024: Premio Follas Novas do Libro Galego ao Mellor Libro Traducido do ano 2023 por Deiche ollos e miraches as tebras, de Irene SolàPremios Follas Novas do Libro Galego: olla aquí todos os galardóns da novena edición, Nós Diario, 2024. 2026: Premio Follas Novas do Libro Galego, ao Mellor Libro Traducido do ano 2025 por A máis recóndita memoria dos homes.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web da autora
Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Tradutores do italiano Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona