Carmen Montes Cano, nada en Cádiz en 1963, é unha tradutora española, galardoada co Premio Nacional de Tradución de España en 2013 pola versión ó español de Kallocaína, da autora sueca Karin Boye.http://cultura.elpais.com/cultura/2013/10/29/actualidad/1383057546_950987.html
Traxectoria
Licenciada en Filoloxía Clásica na Universidade de Granada, realizou un terceiro ciclo universitario en Lingüística e Literatura na mesma universidade e un máster na Universidade de Estocolmo de Lingua e Cultura sueca. É especialista na tradución do sueco, latín e noruegués ó español de obras literarias. Traduciu, entre outros, ó guionista e director Ingmar Bergman, ós novelistas Henning Mankell e Camilla Läckberg,http://www.lalinternadeltraductor.org/n9/camilla-lackberg.html ou o teólogo e místico, Emanuel Swedenborg; do latín Publio Ovidio Nasón e do noruegués, o escritor e cantante Jo Nesbø.http://ace-traductores.org/user/173|título=Ficha profesional / Carmen Montes Cano|editor=ACE Traductores
En 2013 foi galardoada polo Ministerio de Cultura de España co Premio Nacional de Tradución de España por Kallocaína, da poeta e novelista sueca Karin Boye, unha obra cumio entre as novelas distópicas do panorama literario universal.http://www.abc.es/cultura/libros/20131029/abci-premio-nacional-traduccion-201310291334.html
Notas
Categoría:Tradutores de España Categoría:Nados en Cádiz Categoría:Nados en 1963 Categoría:Alumnos da Universidade de Estocolmo