Olivia de Miguel Crespo, nada en Logroño en 1948, é unha profesora universitaria e tradutora española, galardoada co Premio Nacional de Tradución de España en 2011 pola versión ó español de Poesía completa, da estadounidense Marianne Moore.http://www.rtve.es/noticias/20111123/olivia-miguel-gana-premio-nacional-traduccion/477491.shtml

Traxectoria

Licenciada en Filoloxía Angloxermánica pola Universidade de Zaragoza e doutora en Teoría da Tradución pola Universidade Autónoma de Barcelona, é profesora titular da Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade Pompeu Fabrahttp://www.abc.es/20111123/cultura-libros/abci-olivia-miguel-mejor-labor-201111231736.html.

Como tradutora literaria traduciu desde o inglés ó español a autores coma Kate Chopin, Joan Didion, George Orwell, Judith Thurman, Barry Hannah ou G. K. Chesterton.

Notas

Categoría:Tradutores de España Categoría:Nados en Logroño Categoría:Nados en 1948 Categoría:Tradutores do inglés