Okja (en ) é un filme surcoreano-estadounidense de 2017 dirixido por Bong Joon-ho. Está protagonizado pola actriz surcoreana Ahn Seo-hyun, xunto cos actores de Hollywood Tilda Swinton, Paul Dano, Lily Collins e Jake Gyllenhaal.
O filme competiu pola Palma de Ouro na sección principal do Festival de Cannes de 2017. Estreouse a través de Netflix o 28 de xuño de 2017.
Sinopse Mija (Ahn Seo-hyeon), unha nena que vive nunha remota montaña en Gangwon, emprende unha arriscada viaxe a Nova York para rescatar á súa mellor amiga, unha super cocha chamada Okja, das mans de Mirando Corporation, unha corporación multinacional que pretende convertela en carne. No camiño, conseguirá axuda dalgúns activistas dos dereitos dos animais da Fronte de Liberación Animal que están en contra dos plans da corporación.
Personaxes Ahn Seo-hyun como Mija Tilda Swinton como Lucy Mirando Swinton tamén interpreta a Nancy Mirando Paul Dano como Jay Jake Gyllenhaal como Dr. Johnny Wilcox Byun Hee-bong como Heebong Steven Yeun como K Lily Collins como Red Yoon Je-moon como Mundo Park Shirley Henderson como Jennifer Daniel Henshall como Blond Devon Bostick como Silver Choi Woo-shik como Kim Giancarlo Esposito como Frank Dawson
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Bong Joon-ho Categoría:Filmes rodados en Seúl Categoría:Filmes sobre porcos Categoría:Filmes sobre dereitos dos animais Categoría:Filmes de Plan B Entertainment Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes ambientados en 2007 Categoría:Filmes ambientados en 2017 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Seúl