miniatura|Caedmon (cunha arpa) representado nunha cruz en Whitby Caedmon, Cadmon ou Cædmon, nado en Inglaterra no s. VII e finado en Whitby, Inglaterra, ca. 680, foi un irmán leigo no mosteiro beneditino de Whitby, é o primeiro poeta en inglés antigo do que se conserva o nome. É venerado como santo por varias confesións cristiás.http://www.heiligenlexikon.de/BiographienC/Caedmon.html

Traxectoria miniatura|Manuscrito de Caedmon, na Biblioteca Bodleiana (Universidade de Oxford). A maioría dos datos da súa vida son coñecidos pola obra de Beda Historia ecclesiastica gentis Anglorum (no Libro IV, capítulo XXIV). De orixe anglosaxoa, foi o irmán de lego que tivo o coidado dos animais no mosteiro, dobre Streonæshalch (abadía de Whitby), durante o período como abadesa de santa Hilda (614-680). Non recibiu instrución poética; segundo unha lenda, el aprendera a compoñer versos durante un soño e convertérase nun poeta refinado. É un dos doce poetas nglosaxóns mencionados nas fontes medievais. Escribiu versos de tipo relixioso, especialmente sobre o xuízo final, e himnos sagrados; tamén traduciu varios fragmentos da Biblia.

Tiña reputación de monxe e vida santa. Foi reverenciado como santo, con festa litúrxica o día 11 de febreiro.

O Himno de Cædmon É o único traballo que se pode atribuír con seguridade a Caedmon. É unha oración en verso de nove liñas composto en inglés antigo, unha lingua xermánica. Os versos foron traducidos ao latín na Historia ecclesiastica gentis anglorum de bede, por Beda o Venerable, pero en dous espécimes que consiste, nas marxes, o texto en versión orixinal, en dialectos de Northumbria , ou no saxon occidental do Reino de Wessex.

Texto do Himno do Cædmon:

Texto northúmbricTexto anglosaxón occidentalTexto en latín de BedaTexto en galegoNū scylun hergan hefaenrīces Uard, Metudæs maecti end his mōdgidanc,uerc Uuldurfadur, suē hē uundra gihuaes,ēci dryctin, ōr āstelidæ.Hē āērist scōp aelda barnumheben til hrōfe, hāleg Scepen.Thā middungeard moncynnæs Uard,ēci Dryctin, æfter tīadæfirum foldu, Frēa allmectig. Nū sculon herigean heofonrīces Weard, Meotedes meahte ond his mōdgeþanc,weorc Wuldorfæder, swā he wundra gihwæs,ēce Drihten, ōr onstealde.Hē ǣrest sceōp eorðan bearnumheofon tō hrōfe, hālig Scyppend.Þā middangeard moncynnes Weard,ēce Drihten, æfter tēodefirum foldan, Frēa ælmihtig.Nunca laudare debemus auctorem regni caelestis, potentiam creatoris et consilium illius,facta Patris gloriae: quomodo ille,cum sit aeternus Deus, e omnium miraculorum auctor exstitit;qui primo filiis hominum caelum pro culmine tectidehinc terram custódio humani generis omnipotens creavit.Agora temos a honra o gardián do reino dos ceos, as forzas do creador e o seu proxecto,o traballo do Pai da Gloria, así como el, o eterno señor,ordenou a orixe de cada unha das marabillas.El, o santo creador, como o primeiro que creouo ceo como un teito para os nenos do ser humano;o gardián das familias do ser humano,o eterno señor, o señor dos exércitos,despois de que el construíu a terra do medio, a terra para os seres humanos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Historia ecclesiastica gentis Anglorum (no Libro IV, capítulo XXIV), Fordham University (en inglés).

Categoría:Finados no século VII Categoría:Santos Categoría:Cristianismo Categoría:Escritores en lingua inglesa antiga