Priyanka Chopra (en hindi devánagari: प्रियंका चोपड़ा), nada en Jamshedpur, Jharkhand o 18 de xullo de 1982, é unha actriz e cantante india e gañadora do concurso internacional de beleza Miss Mundo no ano 2000. Antes do inicio da súa carreira de actuación traballou como modelo. Gañou fama e notoriedade despois de gañar o título de Miss Mundo no 2000. A miúdo é referida co alcume de "Piggy Chops" que lle foi dado polos seus co-protagonistas na rodaxe do filme hindú Bluffmaster!. Durante a súa carreira gañou unha vez o premio Filmfare, ao que tamén foi nomeada sete veces, e un Premio Nacional de Cine da India por Mellor Actriz.http://www.ndtv.com/photos/entertainment/priyanka-s-exotic-moment-with-pitbull-14807

O seu debut como actriz foi no 2002, no filme Tamizhan. Ao seguinte ano fixo o seu debut en Bollywood co filme "The Hero: Love Story of a Spy", seguindo co éxito "Andaaz", polo cal gañou un Premio Filmfare por Mellor Debut Femenil. No 2004 converteuse na segunda muller en gañar o Premio Filmfare a Mellor Vilán, que recibiu polo seu aclamado papel pola crítica en Aitrazz. Chopra máis tarde tenría éxito comercial con filmes como Mujhse Shaadi Karogi (2004), Krrish (2006), Don: The Chase Begins Again (2006) e Don 2 (2011).

O 2008 marcou o comezo dunha nova etapa na carreira de Chopra. A súa interpretación de modelo con problemas, no filme Fashion valeulle un Premio Nacional de Cine á Mellor Actriz, así como un Premio Filmfare á Mellor Actriz. Recibiu críticas positivas polos seus papeis en filmes como Kaminey (2009), What's your Raashee? (2009) e 7 Khoon Maaf (2011), pola que gañou un Premio Filmfare a Mellor Actriz. Unha vez feito isto, Chopra estabeleceuse como unha das principais actrices do Bollywood contemporáneo.

Ademais de actuar en filmes, Chopra é actriz de teatro e lanzou o seu primeiro álbum discográfico a nivel internacional en 2012.

Traxectoria

Primeiros anos Os dous pais de Priyanka, Ashok e Madhu Chopra, nada Akhauri, eran médicos, e ela ademais ten un irmán. Priyanka está moi unida ao seu pai, orixinario do Panxab; mentres que a súa nai é de Bihar ao norte da India. Pasou parte da súa infancia en Bareilly, Uttar Pradesh. A súa familia mudábase moito xa que o seu pai estaba na armada. Estudou no La Martiniere Lucknow en Lucknow, e máis tarde foise aos Estados Unidos, onde estudou na Newton North High School, en Newton, Massachusetts e na Robert Kennedy High School (Flusing Queens) en Nova York antes de regresar á India para completar a súa educación na Army Public School (Bareilly). Empezou no Jai Hind College en Bombai, pero o deixou para presentarse a Miss Mundo. O seu pai tamén foi un bo cantante.

Concursos de beleza Priyanka coroouse Miss India Mundo e logo Miss Mundo en 2000. O mesmo ano, Lara Dutta e Diya Mirza, ambas da India, gañaron Miss Universo e Miss Asia Pacific.

Foi a quinta hindú en coroarse Miss Mundo.

Carreira de actriz Tras gañar Miss Mundo, fíxose actriz. O seu primeiro filme foi Thamizhan (2002) en támil e desde 2003 apareceu en moitas películas de Bollywood.

Actuou na serie Mujhse Shaadi Karogi en (2004) e logo en Aitraaz, un remake en hindi do filme protagonizado por Demi Moore Disclosure ( Acoso) e ese mesmo ano participou no tour "Temptations 2004" con outras estrelas de Bollywood, Shahrukh Khan, Rani Mukerji, Saif Ali Khan, Preity Zinta e Arjun Rampal.

En 2005, xa protagonizara moitos filmes e en 2006, participou en dous dos filmes máis taquilleros do ano, Krrish e Don - The Chase Begins Again. En 2006, Priyanka Chopra foi votada a muller asiática polo Eastern Eye, unha publicación asiática.

Carreira musical A súa primeira gravación, a canción "Ullathai Killadhe" no filme "Thamizhan Tamil" (2002), fíxose a instancias do seu director Vijay, quen se fixara na súa forma de cantar no set. En agosto de 2011, Chopra asinou un acordo de gravación con Universal Music Group, o acordo indica que o seu primeiro álbum de estudio sería lanzado por Interscope Records en Norteamérica e por Island Records noutros lugares.

Chopra viaxou aos Estados Unidos para traballar no seu primeiro álbum que tiña previsto o seu lanzamento para principios de 2014, colaborando con Sam Watters, Matthew Koma, Jay Sean e RedOne, sendo este último o produtor do álbum. O seu primeiro sinxelo "In My City" en colaboración de will.i.am inspirouse na súa infancia inestable e a súa viaxe dunha chica de pobo cunha celebridade, a canción recibiu críticas mixtas dos críticos, e foi un éxito comercial na India; vendeu máis de 130.000 copias na súa primeira semana encabezando a lista pop hindú e foi certificado triplo platino.

En xullo de 2013 lanzou o seu segundo sinxelo "Exotic", en colaboración de Pitbull, e rapidamente chegou a ser número un en iTunes India, "Exotic" debutou no número 16 en "Billboard Dance/Electronic Songs" e no número 11 en "Dance/Electronic Digital Songs".

O seu terceiro sinxelo, unha versión electropop de "I Can't Make You Love Me" de Bonnie Raitt, lanzado o 22 de abril de 2014.

miniatura|Priyanka Chopra People's Choice Awards India

Premios e nomeamentos

Gañadora 2003: Premios Filmfare: Filmfare Best Debut Award; Andaaz 2004: Premios Filmfare: Filmfare Best Villain Award; Aitraaz 2004: Stardust Awards: Stardust Best Supporting Actress Award; The Hero: Love Story of a Spy 2004, Bengal Film Journalists' Association Awards: Best Actress (Hindi Movies); Aitraaz 2004: Star Screen Awards: Star Screen Award Best Villain; Aitraaz 2005: Stardust Awards: Stardust Superstar of Tomorrow - Female; Mujhse Shaadi Karogi'' 2006: Style Diva of 2006 2006: POGO Awards: Most Amazing Actress; Krrish 2006: Sabse Favouite Kaun: Tez Sitara. 2007: Kelvinator's Gr8 Women Award: Contribution to Indian Cinema. 2007: Most Searched Female Actor on Internet: GIFA Awards

Filmografía Ano Filme Papel Outros 2002 Thamizhan Priya En tamil 2003 The Hero: Love Story of a Spy Shaheen Zakaria 2003 Andaaz Jiya Gañadora do Filmfare Best Debut Award 2004 Plan Rani 2004 Kismat Sapna Gosai 2004 Asambhav Alisha 2004 Mujhse Shaadi Karogi Rani Singh 2004 Aitraaz Sonia Roy Gañadora do Filmfare Best Villain Awardnomeada ao Filmfare Best Supporting Actress Award 2005 Blackmail Sra. Rathod 2005 Karam Shalini 2005 Waqt: The Race Against Time Pooja 2005 Yakeen Simar Oberoi 2005 Barsaat Kajal 2005 Bluffmaster Simran "Simmi" Ahuja 2006 36 China Town Sweetu Aparición especial 2006 Taxi Number 9211 Aparición especial 2006 Alag Aparición especial na canción Sabse Alag 2006 Krrish Priya 2006 Aap Ki Khatir Anu 2006 Don - The Chase Begins Again Roma 2007 Salaam-e-Ishq: A Tribute To Love Kkamini 2007 Big Brother 2007 Om Shanti Om Ela mesma Aparición especial na canción "Deewangi Deewangi" 2008 My Name is Anthony Gonsalves Ela mesma Aparición especial 2008 Love Story 2050 Sana / Zeisha Dobre rol 2008 God Tussi Great Ho Alia Kapoor2008 Chamku Shubhi2008 Drona Sonia2008 Fashion Meghna MathurGañadora do Premio Nacional Film a Mellor Actriz Gañadora do Premio Filmfare a Mellor Actriz2008 Dostana Neha Melwani 2009 Billu Ela mesma Aparición especial na canción "You Get Me Rockin & Reeling" 2009 Kaminey Sweety Shekhar Bhope Nomeada—Premio Nacional Film a Mellor Actriz 2009 What's Your Raashee? 12 roles Anjali / Vishakha / Kajal / Hansa / Mallika / Pooja / Rajni / Nandini / Bhavna / Jhankhana / Sanjna / Chandrika 2010 Pyaar Impossible! Alisha Merchant 2010 Jaane Kahan Se Aayi Hai Ela mesma Aparición especial 2010 Anjaana Anjaani Kiara Malhotra 2011 7 Khoon Maaf Susanna Anna-Marie Johannes Filmfare Critics Award for Best Actress Nomeada—Filmfare Award for Best Actress 2011 Ra.One Desi Girl Aparición especial 2011 Don 2 Roma 2012 Agneepath Kaali Gawde 2012 Teri Meri Kahaani Ruksar / Radha / Aradhana 2012 Barfi! Jhilmil Sengupta (2012) 2013 Krrish 3 Priya Mehra 2013 Zanjeer Mala 2013 Planes Ishani 2014 Mary KomMary Kom 2015-presente Quantico Alex ParrishSerie de televisión

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas New Song ft. Pitbull

Categoría:Cantantes da India Categoría:Actores de cinema da India Categoría:Nados en Jharkhand Categoría:Modelos da India Categoría:Nados en 1982