Tenente,Entrada de "tenente" no Digalego.gal anteriormente lugartenente,Entrada de "lugartenente" no Digalego.gal é un oficial dun exército, garda nacional ou forza aérea. Polo xeral, está ao mando dunha sección.

España Emprego de oficial propio dos Exércitos de Terra, Aire e do Instituto Armado da Garda Civil que ostenta o mando de unidades de tropa do tamaño dunha sección ou similar. Na Garda Civil pode exercer o mando dun posto principal. Equivale a inspector na policía. Áchase por enriba do alférez (emprego actualmente en desuso, relegado aos aspirantes a oficial e coñecido como alférez cadete) e por debaixo do capitán. Adoita ser o emprego inicial dos integrantes das Escalas de Oficiais por acceso directo, tras cursar cinco anos de estudos nas diferentes Academias ou Escolas militares. A partir da promoción que ingresou nelas en 2010, a finalización destes estudos implicou, ademais do emprego de tenente, unha enxeñaría de grao válida tamén no ámbito civil.

O seu equivalente na Armada é o alférez de navío. A divisa consta de dúas estrelas amarelas de seis puntas sobre fondo de cor variable en función do Exército, caqui/verde (Exército de Terra), azul (Exército do Aire) e verde escuro na Garda Civil.

No ordenamento militar español tamén está contemplada a figura do tenente de complemento. Como o seu nome indica "complementa" aos militares de carreira para cometidos específicos. Asinan un contrato cun prazo determinado, ao final do cal deben abandonar obrigatoriamente as forzas armadas. A súa formación é bastante máis curta que a dos militares de carreira, pero esíxelles titulación universitaria previa.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Tenente 1°

Categoría:Forzas armadas