miniatura|250px|Mesquita do Sultán Ahmed en Istanbul, Turquía. O Eid al-Fitr (en árabe: عيد الفطر, en persa: عید فطر, que significan Festa da ruptura do xaxúnFelipe Maíllo Salgado, Vocabulario de historia árabe e islámica, Ediciones AKAL, 1997, p.108.) é unha festividade relixiosa da tradición islámica. Significa a celebración do fin do Ramadán e abarca os tres primeiros días do Shawwal. A noite anterior ao primeiro día desta festa tamén se considera particularmente auspiciosa. Pola mañá pronto, a comunidade en conxunto realiza diferentes oracións e celebra un almorzo que marca o fin do xaxún do mes máis importante para o mundo musulmán.
Os musulmáns celebran esta festa estreando roupa nova. Os homes usan vestimenta branca como símbolo de pureza. O día enteiro é celebrado polos crentes visitando os fogares e comendo pratos especiais cociñados nesa ocasión. Todos sentan xuntos. Por tradición os nenos reciben regalos, as gratificacións e os doces entregados polos seus seres queridos como símbolo de amor. A fórmula para desexar unha feliz festa é "Eid Mubarak!", que significa "bendito Eid!" ou "santa festa!".
Sunna Denomínase sunna aos 13 requisitos que os musulmáns deben cumprir durante esta celebración. Formaban parte do costume do profeta Mahoma:
Vestir segundo a Xaria. Bañarse. Usar miswaak para a hixiene dental e oral. Vestir o mellor que se teña. Perfumarse o mellor posible. Espertar á madrugada. Ir o antes posible ao sitio onde se realice a pregaria do Eid. Antes de ir débese comer algo doce, como dátiles. Dar o sadaqatul fitr antes de ir. Rezar a pregaria do Eid onde todos o fan. Non se pode rezar na casa, agás causas extremas comprobadas. Logo de rezar débese volver á casa por un camiño diferente ao habitual. Hai que ir a pé. Recitar suavemente o Takbir de camiño ao lugar.
Calendario 3 de marzo de 1995 (1415) 20 de febreiro de 1996 (1416) 9 de febreiro de 1997 (1417) 30 de xaneiro de 1998 (1418) 19 de xaneiro de 1999 (1419) 8 de xaneiro de 2000 (1420) 27 de decembro de 2000 (1421) 16 de decembro de 2001 (1422) 6 de decembro de 2002 (1423) 25 de novembro de 2003 (1424) 14 de novembro de 2004 (1425) 3 de novembro de 2005 (1426) 24 de outubro de 2006 (1427) 13 de outubro de 2007 (1428) 1 de outubro de 2008 (1429) 20 de setembro de 2009 (1430) 10 de setembro de 2010 (1431) 30 de agosto de 2011 (1432) 19 de agosto de 2012 (1433) 8 de agosto de 2013 (1434) 28 de xullo de 2014 (1435) 17 de xullo de 2015 (1436) 6 de xullo de 2016 (1437) 25 de xuño de 2017 (1438) 15 de xuño de 2018 (1439) 5 de xuño de 2019 (1440) 24 de maio de 2020 (1441) 13 de maio de 2021 (1442) 2 de maio de 2022 (1443) 21 de abril de 2023 (1444) 10 de abril de 2024 (1445)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Grebeg Syawal
Ligazóns externas Eid Al-Fitr 2013
Categoría:Gastronomía Categoría:Islam Categoría:Festas relixiosas