dereita|miniatura|Un bocadillo de salchicha con mostaza. O bocadillo de salchicha (en inglés: hot dog, ‘can quente’) é un bocadillo quente feito cunha salchicha cociñada, que adoita servirse con mostaza ou ketchup. A salchicha adoita ser do tipo Frankfurt (frankfurter), ou vienesa (wiener) fervida, ou fritida; o pan é mol e con forma alongada.

O bocadillo de salchicha foi importado de Alemaña e popularizado nos Estados Unidos, onde se converteu nun alimento de venda na rúa para a clase traballadora. O hot-dog espallouse enormemente en todo o mundo dende os principios do século XX, chegando a ser un alimento que pode atoparse en calquera parte e moi ligado á cultura do béisbol norteamericano. A pesar de que está particularmente conectado coa cidade de Nova York, dende a súa chegada ao continente americano emerxeu como unha importante peza na cultura rexional de moitas outras partes como o é no estado de Sonora en México.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Choripán Bolo preñado Sándwich Salchicha Ligazóns externas Home page for a PBS documentary about hot dogs USDA Fact Sheet on hot dogs

Categoría:Gastronomía dos Estados Unidos de América Categoría:Sándwichs Categoría:Gastronomía de Alemaña Categoría:Comida rápida