A Portela de Puxeiros é unha vila da parroquia de Tameiga, no concello pontevedrés de Mos, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2016 tiña 1040 habitantes (529 homes e 511 mulleres).

O topónimo fai referencia a que é un lugar de paso para salvar o Alto de Puxeiros. É a vía de saída desde Vigo cara ao Porriño, e desde alí cara a Ourense e Castela. Por aquí pasaba a estrada Villacastín-Vigo, reconvertida en N-120 e actualmente na autovía A-55, que preto do lugar se cruza coa autoestrada AP-9.

A carón da vila está o Polígono Industrial de Puxeiros, moi activo. O Aeroporto Internacional de Peinador está a escasos dous quilómetros e medio.

Lugares e parroquias Lugares de Tameiga

Parroquias de Mos

Notas

Categoría:Lugares de Mos

Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos