Adam West, nado como William West Anderson o 19 de setembro de 1928, e finado o 9 de xuño de 2017, foi un actor estadounidense. Era coñecido pola súa interpretación da personaxe de Batman na serie de 1960 Batman, da ABC e o filme homónimo de 1966.

West comezou a súa carreira como actor na década de 1950. Interpretou a Chuck Connors en Geronimo (1962) e The Three Stooges en The Outlaws Is Coming (1965). Tamén apareceu no filme de ciencia ficción Robinson Crusoe on Mars (1964), e tamén fixo papeis de dobraxe en The Fairly OddParents, The Simpsons e Family Guy, realizando versións ficticias de si mesmo.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Actores de Washington Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Finados por leucemia Categoría:Nados en Washington