José García Páramos, que asinaba como José G. Páramos, nado en Tui, foi un empresario, xornalista e escritor galego.
Traxectoria Instalado en Iloilo (Filipinas), fundou en 1904 o diario vespertino Nuevo Heraldo con Manuel de la Portilla. Retornou a Tui a finais dos anos vinte.Vida Gallega, 30-5-1930, p. 23. Colaborou en Vida Gallega. En 1937 era xefe de servizos do destacamento do Seixo de Falange.El Pueblo Gallego, 15-10-1937, p. 2.
Obras Estudio bibliográfico y crítico acerca de la prensa periódica tudense, 1918. Santiago y España. Estudio histórico, 1923. La verdadera patria de Cristóbal Colón, 1925. Raza y patria del Rey Don Pelayo. Estudio histórico, 1930.
Notas
Categoría:Xornalistas de Tui Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos de Filipinas Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido