Trasar de Carballo é un lugar da parroquia de Cartelos, no concello lugués de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2017 tiña 38 habitantes, en 2018 33 e en 2020 28 (14 homes e 14 mulleres).
Toponimia O nome de Trasar Segundo Ferro Ruibal, Trasar deriva do antropónimo , o nome do primeiro propietario dunha explotación agropecuaria, que se chamaba Trasario. No século XII o lugar xa aparece documentado con este nome, e hai noticia dun Petrus Iohannis de Trasar do século XIII.. Carballo é un fitónimo que fai referencia á árbore abundante na zona, que ten a súa orixe no prerromano *.
Microtoponimia Nomes concretos dos eidos con indicación do polígono e parcela (SIXPAC):
O Areal (pol. 22, par. 566), O Arransallo (pol. 6, par. 380, 382, 383), Augaboa (pol. 23, par. 201), As Batocas (pol. 6, par. 297), A Bubaíña (pol. 6, par. 554, 557, 558), As Bouzas (pol. 6, par. 369 e pol. 22, par. 520), Os Buratos do Zorro (pol. 22, par. 507), Casouril (pol. 22, par. 490), Cazabois (pol. 6, par. 222), O Cazarrete (pol. 23, par. 287), A Cerrada do Pataqueiro (pol. 6, par. 579), O Chao do Carballo (pol. 6, par. 352), Os Chaos (pol. 22, par. 558), Os Chousos (pol. 23, par. 238), Coiras (pol. 22, par. 29), Cortiñas (pol. 22, par. 530, 531, 527), A Costa (pol. 6, par. 562), O Coto (pol. 22, par. 546), As Cubelas (pol. 6, par. 371), Os Currás (pol. 6, par. 317), Debaixo da Uceira (pol. 22, par. 545), A Devesa (pol. 22, par. 546), A Devesa Vella (pol. 22, par. 512), Ferradás (pol. 22, par. 627), O Fondo do Agro (pol. 22, par. 452), A Fonte Dominga (pol. 6, par. 309), A Forca (pol. 6, par. 144), A Horta de Riba (pol. 22, par. 684), As Hortas (pol. 22, par. 727), A Lama da Pireira (pol. 22, par. 611), Lama Cova (pol. 22, par. 552), A Lama do Zorro (pol. 22, par. 551), Lama Redonda (pol. 22, par. 550), Lama Travesa (pol. 22, par. 537), As Lamas (pol. 7, par. 481), O Lameiro (pol. 22, par. 701), A Lamela (pol. 22, par. 726), O Lavadoiro (pol. 22, par. 625), A Leira da Cruz (pol. 22, par. 716), Libureiras (pol. 23, par. 19), Os Lobos (pol. 6, par. 244), O Monte Arrieiro (pol. 6, par. 270), O Monte Calvo (pol. 6, par. 247), O Muíño (pol. 22, par. 502, 505), A Nabeira Nova (pol. 22, par. 602), O Outeiro (pol. 22, par. 606), A Paradela (pol. 6, par. 292), Paramios (pol. 6, par. 359), As Pistelas (pol. 22, par. 21), Portacales (pol. 22, par. 547), O Pradiño (pol. 22, par. 710), O Prado de Riba (pol. 22, par. 634), O Prado de Baixo (pol. 22, par. 537), A Purreira (pol. 6, par. 283), A Rebouza (pol. 23, par. 243), A Regaña (pol. 6 par. 240), Os Regos (pol. 6, par. 127), A Revolta (pol. 22, par. 651, 652, 654), O Rexidor (pol. 6, par. 383), As Rigueiras (pol. 22, par. 660, 665), O Rolleiro/Rulleiro (pol. 22, par. 643, 638), Os Salgueiriños (pol. 6, par. 320), Suashortas (pol. 22, par. 700), Tras das Airas (pol. 22, par. 601, 592), O Val (pol. 22, par. 663), Valderredes (pol. 22, par. 315), A Villerma (pol. 22, par. 670), A Voutureira, A Zanca (pol. 6, par. 721, 189), Os Zorros (pol. 22, par. 539).
No Catastro de Ensenada de 1753 xa figuran nomes de eidos en Trasar de Carballo: Lodeiro, Outeiro, Ferradás, Portacales, Palleiro, Lama, Lamela, Agro, Currás, Rollo, Rolleiro, Pereira, Pereiras, Campo, Val, Verea/Berea, Coto, Chan/Chau, Baixo, Porra, Porreira, Branca/Banca (ou Carvallo, nunha finca), Revolta, Frea, Salgueiriños, Villerma, Carvallo, Soanabeira.Catastro de Ensenada: Reyno de Galicia, Provina. De Lugo, Sn. Hestevan de Cartelos, Coto delmismo nm. Libro de Vecindario quecomprehende todoslos Individuos Seglares de ambos Sexos conDistencion dehedades, Estado, Oficio, Arte e Industria y deloquecadauno Utiliza poreStaRazon).
Patrimonio Peto de ánimas de Trasar de Carballo: Peto que presenta un fornelo rectangular e arqueado. O retablo está tallado en pedra sen policromía e representa as ánimas no purgatorio. O tellado presenta unha cúpula coroada por unha cruz e a ámbolos lados da cúpula dous pináculos coroados por sendas bolas. Pertence ao século XVII.
En Trasar de Carballo naceron os escritores Emilio Álvarez González e Anxo González Guerra; tamén o cura galeguista do Incio Anxo González González.
Trasar na cultura popular
Lugares e parroquias Lugares de Cartelos
Parroquias de Carballedo
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Lugares de Carballedo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía