Diego David Domínguez González, máis coñecido como David Delfín, nado en Ronda, Málaga o 2 de novembro de 1970, e finado en Madrid o 3 de xuño de 2017, foi un deseñador e artista español.
Traxectoria Comezou desfilando no Circuit de Barcelona coa colección Openin Nite (primavera / verán 2001). Creou a marca Davidelfin en 2001 xunto aos 3 irmáns Postigo, Deborah Postigo, Diego Postigo e Gorka Postigo, e a modelo Bimba Bosé.
O seu salto á fama chegou no 2002, cando desfilou coa colección Cour des miracles na Pasarela Cibeles de Madrid.CUESTIONARIO EXPRESS: DAVID DELFÍN Marie Claire Devandita colección, inspirada no pintor Magritte e no director de cine Luis Buñuel, presentaba as modelos coa cara tapada con capuchas a modo de burkas e sogas de forca no pescozo, o que desatou unha enorme polémica pola coincidencia coa guerra en Afganistán contra o réxime dos talibán.Cómo opinar sobre David Delfín El País
Porén, toda esta polémica non impediu que fose galardoado na Pasarela Cibeles de 2003 co premio á mellor colección dun novo deseñador por In loving memory. Dende entón, continuou desfilando regularmente en Cibeles con outras coleccións como Mi manchi ou Corpo estraño, nos que a modelo Bimba Bosé se converteu na súa musa.David Delfin abre la primera jornada de Cibeles Terra.es
No ano 2016 foi galardoado co Premio Nacional de Deseño de Moda por parte do Ministerio de Cultura "pola audacia, valentía e compromiso social da súa obra, cunha sinalada identidade española".
Vida persoal Viviu até os 18 anos en Marbella, Málaga.
En abril de 2016 foi intervido de tres tumores cerebrais. Faleceu o 3 de xuño de 2017 en Madrid ós 46 anos logo dunha intensa loita contra un cancro cerebral que lle detectaron o ano anterior.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Espazo de David Delfínen MySpace
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Deseñadores de moda de España Categoría:Nados en Ronda