Grigori Yakovlevich Perelman (en ), nado en Leningrado, hoxe San Petersburgo, (Unión Soviética) o 13 de xuño de 1966 é un matemático ruso que fixo importantes contribucións na xeometría de Riemann e na topoloxía xeral.

En 1994 Perelman demostrou a conxectura de soul. En 2003 demostrou a conxectura da xeometrización de Thurston, o que se confirmou en 2006. Isto levou a resolver afirmativamente a conxectura de Poincaré.

En agosto de 2006, Perelman foi premiado coa medalla Fields pola "súas contribucións á xeometría e a súa revolucionaria perspicacia na estrutura analítica e xeométrica do fluxo de Ricci",En inglés, "his contributions to geometry and his revolutionary insights into the analytical and geometric structure of the Ricci flow" mais declinou aceptou o premio indicando: "Non estou interesado no diñeiro ou a fama; non quero ser exhibido como un animal nun zoo". O 22 de decembro de 2006, a revista Science recoñeceu a demostración de Perelman da conxectura de Poincaré como o "descubrimento científico do ano", no que foi o primeiro descubrimento na área das matemáticas que recibía este título.

O 18 de marzo de 2010 anunciouse que Perelman cumpría os criterios para recibir o primeiro premio do milenio pola solución da conxectura de Poincaré. O 1 de xullo rexeitou o premio dun millón de dólares dicindo que a decisión da xunta do Instituto Clay de Matemáticas e o premio eran inxustos e que a súa contribución á resolución da conxectura non era maior cá de Richard S. Hamilton, matemático pioneiro no emprego do fluxo de Ricci para atacar a conxectura. Perelman tamén rexeitou o prestixioso premio da Sociedade Europea de Matemáticas.Mullins.

Notas

Véxase tamén Bibliografía (Historia de Grigori Perelman baseada en información de xente que o tratou.)

Outros artigos Medalla Fields

Ligazóns externas Grigorii Yakovlevich Perelman en Mathematics Genealogy Project Resultados de Grigori Perelman na Olimpíada Matemática Internacional Grigori Yakovlevich Perelman en MacTutor History of Mathematics archive

Categoría:Matemáticos de Rusia Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Nados en 1966 Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de San Petersburgo Categoría:Medalla Fields