Teenage Fanclub é unha banda escocesa de rock alternativo formada en Bellshill en 1989. Os seus membros fundadores foron Norman Blake (voces, guitarra), Raymond McGinley (voces, guitarra) e Gerard Love (voces, baixo), compartindo os labores de composición e as voces principais ata a marcha de Love en 2018. En 2023 a banda estaba formada por Blake, McGinley, Francis Macdonald (batería, voz), Dave McGowan (baixo, voz) e Euros Childs (teclados, voz).

Nos concertos, a banda adoita alternar entre os seus compositores, dando o mesmo tempo de interpretación ás cancións de cada un. Aínda que adoita a ser catalogado como un grupo de rock alternativo, Teenage Fanclub ten incorporado unha ampla variedade de elementos de varios estilos musicais nas súas cancións.

Ata a data a banda leva publicados doce álbums de estudio e dous álbums recompilatorios.

Discografía Álbum Ano Selo A Catholic Education 1990 Paperhouse Records The King 1991 Creation Records Bandwagonesque 1991 Creation Records Thirteen 1993 Creation Records Grand Prix 1995 Creation Records, Geffen Records Songs from Northern Britain 1997 Creation Records Howdy! 2000 Columbia Records Words of Wisdom and Hope 2002 Geographic Records, Domino Records Man-Made 2005 PeMa Records, Merge Records Shadows 2010 PeMa Records, Merge Records Here 2016 PeMa Records, Merge Records Endless Arcade 2021 PeMa Records, Merge Records Nothing Lasts Forever 2023 PeMa Records, Merge Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Escocia Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais de jangle pop Categoría:Grupos musicais de power pop Categoría:Grupos musicais formados en 1989