O río Xuba (en amhárico, Ghenale; en somalí, Wabiga Jubba; en italiano, Giuba) é un importante río da África oriental, localizado no sur de Somalia, que comeza na fronteira con Etiopía, nas montañas Mendebo,Jubba River na Encyclopaedia Britannica. na confluencia dos ríos Dawa e Ganale Doria ou Gebele, e flúe directamente cara ao sur até o océano Índico, onde desemboca xusto ao norte da cidade de Kismaayo, un dos portos máis importantes de Somalia, na rexión sureña de Xubalandia.
Xeografía miniatura|230px|esquerda|Ponte sobre o río Xuba en Bardhere (Somalia).
O río Xuba ten unha lonxitude de 1 808 km, e drena unha conca de 497 655 km².Entrada «A05 Shebelle - Watersheds of Africa», en Watersheds of the World. Water Resources eAtlas. Dispoñíbel en liña en: .
En certos anos especialmente chuviosos, o Xuba pode recibir no seu treito final augas do case sempre endorreico río Shebelle, o que podería engadir á súa conca 336 604 km² máis.Entrada «A17 Shebelle - Watersheds of Africa», en Watersheds of the World. Water Resources eAtlas. Dispoñíbel en liña en: .
A conca estrita do Xuba, sen considerar a parte que corresponde ao seu maior afluente, o río Lagh Dera, é de 221 000 km².Véxase no Atlas of the Juba and Shabelle Rivers, na Parte 1 «The Juba-Shabelle transboundary river basin - General features», páx. 2, dispoñíbel en liña en: . .
Os principais afluentes, ademis das súas fontes da parte alta, están no curso baixo e son o río Lagh Dera (ou Ewaso Ng'iro), de 700 km e, ocasionalmente, como xa se dixo, o Shebelle.
Flora e fauna A rexión da conca hidrográfica do Xuba é fundamentalmente sabana, e é a parte máis rica do país debido ás súas fértiles terras de labranza.
A fauna autóctona inclúe xirafas, guepardos, leóns, leopardos, hienas, búfalos cafres, hipopótamos, crocodilos, órices, gacelas, camelos, avestruces, chacais e asnos salvaxes.
Historia A fonte máis antiga dun europeo que visitara a rexión do Xuba (Xubalandia) é o informe do xesuíta portugués Jerónimo Lobo (Lisboa, 1593 – Coímbra 1678), quen, en 1624, tratou de seguir o curso do Xuba en Etiopía relatando que tivo que pasar a través das terras de nove pobos diferentes que «estaban continuamente en guerra uns cos outros e, aínda que estaba case seguro nas súas terras, no podía garantir a seguridade de ningunha persoa que dera un paso fóra delas», e regresou á India portuguesa para encontrar outro camiño.Jerónimo Lobo, Relazione storica d'Abissinia. Tradiciida ao inglés por Donald M. Lockhart como The Itinerario of Jerónimo Lobo. Londres: Hakluyt Society, 1984, pp. 65 e ss.
Máis de dous séculos pasaron até que en 1863 o explorador alemán barón Karl Klaus von der Decken remontou o curso inferior do río nun pequeno barco de vapor. O barco naufragou nos rápidos situados augas arriba de Bardhere, onde a expedición foi atacada poos somalís locais, incidente que terminou coa morte do barón e a doutros tres membros do grupo.
O primeiro europeo que explorou amplamente e por completo o curso do río foi o explorador italiano Vittorio Bottego, asistido polo comandante da Armada británica F. G. Dundas. Bottego e o seu equipo navegaron 400 millas do río en 1891.
Durante a súa exploración, Vittorio Bottego cambiou o nome do principal afluente do Xuba —o río Ganale— polo de río Ganale Doria en honor ao famoso naturalista italiano Giacomo Doria.Vittorio Bottego (1985): Viaggi di scoperta nel cuore dell'Africa: il Giuba esplorato, sotta gli auspici della Società geografica italiana. E. Loescher & co.F. G. Dundas (1983): "Expedition up the Jub River through Somali-Land, East Africa", Geographical Journal, 1: 209-222.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Vittorio Bottego (1985): Viaggi di scoperta nel cuore dell'Africa: il Giuba esplorato, sotta gli auspici della Società geografica italiana. E. Loescher & co. F. G. Dundas (1983): "Expedition up the Jub River through Somali-Land, East Africa", Geographical Journal, 1: 209-222. Guida dell'Africa Orientale Italiana, Consociazione Turistica Italiana, Milán 1938, pp. 585–596.
Ligazóns externas National Geographic Atlas Explorer Entrada «A05 Shebelle - Watersheds of Africa», en Watersheds of the World. Water Resources & Atlas .
Categoría:Ríos de Somalia