Xubalandia (en somalí, Jubbaland; en árabe, جوبالاند ) ou Val do Xuba (en somalí, Dooxada Jubba) ou Azania (en somalí, Asaaniya; en árabe, آزانيا), é unha Rexión autóma do sur de Somalia
O seu nome oficial é Dowlad Goboleedka Jubbaland ee Soomaaliya (en somalí) / ولاية أرض جوبا في الصومال (en árabe), é dicir, "Rexión autónoma de Xubaland en Somalia".
Xeografía A súa fronteira oriental encóntrase a 40–60 km ao leste do río Xuba, que se estiende desde Gedo até o océano Índico, mentres que o seu lado occidental bordea a provincia nororiental de Kenya, límite que foi establecido durante o período colonial.Mohamed Amin AH Osman (1993): Somalia, Proposals for the Future. Somalia Patriotic Movement.
Xubalandia ten unha superficie de 110 293 km2 e, en 2005, a súa poboación era de 953 045 habitantes."Regions, districts, and their populations: Somalia 2005 (draft)" (PDF). UNDP.
O seu territorio está formado polas provincias de Gedo, o Baixo Xuba e o Xuba medio.State Government of Jubaland of Somalia. March, 2013. .
A capital é Bu'ale, e a súa cidade máis grande é Kismaayo, situada na costa cerca da desembocadura do río Xuba. Bardhere, Afmadow, Luuq e Beled Haawo son outras cidades da rexión.
Historia miniatura|Bandeira da Xubalandia independente. Desde 1836 até 1861, partes de Xubalandia foron nominalmente reclamadas polo Sultanato de Mascate (agora en Omán). Máis tarde, incorpoáronse á África Oriental Británica.
A zona estvo habitada principalmente polos Darod, clan nómade, e máis especificamente polo subclán dos Ogadeni, polos subgrupos Harti (Majeerteen, Dhulbahante e Warsangali) e outros subclans pertencentes aos clans Dir e Hawiye.
En 1925, o territorio foi cedido polo Reino Unido a Italia, e pasou a formar parte da Somalia italiana.
Na época de colonización italiana, o territorio pasou a denomimarse Transxuba, ou Ultraxuba (en italiano, Oltre Giuba, porque estaba situada a partir da marxe oeste do río Xuba, até a fronteira con Kenya. En 1926 tiña unha poboación de 120 000 habitantes.
O 1 de xullo de 1960, a rexión, xunto co resto da Somalia italiana e a Somalia británica, pasou a dormar parte da independente República Federal de Somalia.
En Xubalandia tiveron lugar numerosas batallas durante a Guerra Civil Somalí. Seguindo a secessión de Puntlandia, en xullo de 1998 varios líderes rexionais comezaron a prepararse para a independencia. O 3 de setembro de 1998, baixo a dirección de Mohamed Said Hersi, coñecido como Xeneral Morgan, Xubalandia declarose independente, sendo a cidade portuaria de Kismaayo a súa capital. Da mesma forma que o goberno de Puntlandia, Mohamed Said Hersi declarou que Xubalandia volvería a formar parte dunha Somalia unida, cando a paz se establecera.
A finais de agosto de 2006, militantes islamistas (do Consello Supremo das Cortes Islámicas, CSCI) lograron o control da maioría da rexión, as provincias de Jubbada Dhexe (Xuba Medio) e Jubbada Hoose (Baixo Xuba), incluíndo a cidade de Kismaayo, e estabeleceron a súa propia administración.Thousands displaced as insurgents take control of Kismayo en IRIN. . Consultada o 23-04-207. Ahmed Mohamed Islam (en somalí, Sheekh Axmed Maxamed Islaam) ou Sheikh Ahmed Madobe, ou Madobe, membro do islamista CSCI, foi nomeado presidente de Xubalandia.Somalia: Prominent Islamist leader joins Sufis en Mareeg Online . Consultada o 23-04-2007.
A Alianza do Val do Xuba (JVA) pasou a gobernar en Gedo, sufrindo as súas milicias unha serie de derrotas, como consecuencia das cales, a JVA pasou a aceptar o Goberno Transitorio Federal de Somalia (TFG). A finais de decembro de 2006 o JVA, agora incorporado ao TFG, e co apoio militar de Kenya, retomou o Val do Xuba. En setembro de 2012, Kismaayo foi reconquistada polo TFG e forzas kenyanas.Furiosi combattimenti in Somalia L’esercito keniano conquista Khisimaio Diario La Stampa, 28-09-2012. . Consultado o 23-04-2017.
Para reclamar a posesión do territorio, o goberno de Somalia anunciara en 2010 unha nova administración autónoma chamada Azania, que se formalizou o ano seguinte. En 2013, a administración provisional de Xubalandia, dentro de Somalia, foi oficialmente establecida e recoñecida. O 15 de maio dese ano, Ahmed Mohamed Islam, o antigo presidente do país, foi elixido presidente da Rexión autónoma.Former Islamist warlord elected president of Somali region Axencia Reuters, 15 de naio de 2013. . Consultada o 23-04-207.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Somalia Somalia italiana África Oriental italiana Guerra Civil Somalí Lista de movementos autonomistas, federalistas, nacionalistas e independentistas, Somalia
Categoría:Somalia Categoría:Estados desaparecidos de África