A lingua shona ou chiShona é a máis falada das linguas bantú, falada polo pobo shona de Zimbabwe. O termo tamén se pode empregar para identificar ós pobos que falan algunha das variedades do shona central: zezuru, karanga, manyika e korekore. Baseándose nun artigo de 1931 de Clement Doke, o shona estándar desenvolveuse a partir das diferentes variedades do shona central. Xa que a capital atópase na rexión Zezuru, esta variedade fíxose dominante na lingua estándar.

O shona é unha das linguas oficiais de Zimbabwe. Outros países con falantes shona son Botswana, Mozambique e Zambia por mor da chegada de refuxiados provocados pola crise económica de Zimbabwe.

Falantes O shona é a máis falada das linguas bantú segundo o número de falantes nativos. Segundo o Ethnologue,Ethnologue's Shona entry o shona, abrangue os dialectos karanga, zezuru e korekore, uns 10,8 millóns de persoas. O manyika e o ndauStabilization in the Manyika Dialect of the Shona Group, Hazel Carter, Africa: Journal of the International African Institute, Vol. 26, No. 4, Oct., 1956, pp. 398-405Report on the Unification of the Shona Dialects. By Clement M. Doke. 1931 son clasificados como linguas diferentes por Ethnologue,Ethnologue's list of Shona (S.10) languages e son falados por 1 025 000Ethnologue's Manyika entry e 2 380 000Ethnologue's Ndau entry de persoas, respectivamente. O número total podería roldar os 14,2 millóns. O zulú é a segunda lingua bantú máis falada, con 10,3 millóns de falantes segundo Ethnologue.Ethnologue's list of languages by size

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en shona Bibliografía Biehler, E. (1950) A Shona dictionary with an outline Shona grammar (revised edition). The Jesuit Fathers. Brauner, Sigmund (1995) A grammatical sketch of Shona : including historical notes. Köln: Rüdiger Koppe. Carter, Hazel (1986) Kuverenga Chishóna: an introductory Shona reader with grammatical sketch (2nd edition). Londres: SOAS. Doke, Clement M. (1931) Report on the unification of the Shona dialects. Stephen Austin Sons. Mutasa, David (1996) The problems of standardizing spoken dialects: the Shona experience, Language Matters, 27, 79 Lafon, Michel (1995), Le shona et les shonas du Zimbabwe, Harmattan éd., París

Categoría:Linguas bantús Categoría:Linguas de Botswana Categoría:Linguas de Mozambique Categoría:Linguas de Zambia Categoría:Linguas de Zimbabwe