Fermín Gutiérrez Lada,Nalgunhas fontes aparece como Fermín Gómez Segura coñecido como Segura, Tanque, San Lorenzo e Recalada, nado en La Zorera (Sama de Langreu) en 1916 e finado en Argozón (Chantada) o 10 de outubro de 1953, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria Combateu no exército republicano na 28 Brigada Mixta, sendo ascendido a sarxento.Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 7-5-1938, p. 430. Coa derrota da República a súa familia foi represaliada e un dos seus irmáns asasinado. Fermin foi encarcerado e despois internado na colonia penitenciaria de Duro-Felguera en Sama de Langreu. Marchou ao Bierzo e operou como enlace da guerrilla. Cando foi descuberto, incorporouse á guerrilla con Manuel Zapico Terente. Despois desprazouse a Galicia.

A finais dos anos corenta era membro do destacamento Santiago Carrillo da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia comandado por Evaristo González Pérez. O 20 de abril de 1949 no lugar do Piricallo milicianos do destacamento foron sorprendidos por un destacamento de 60 gardas civís de Lugo e Ponferrada, orixinándose un combate que tivo como resultado a morte de catro guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", Gregorio Colmenero Fernández "Porreto" de Torbeo e Julián Acebo Alberca "Guardiña". Samuel Mayo Méndez conseguiu saír do cerco, e Fermín, ferido na mandíbula, conseguiu fuxir chegando ata Cereixa onde se refuxiou na antiga casa reitoral.La delación de un familiar causó hace 72 años la caída de los maquis de Repil Dende ese momento converteuse nun guerrilleiro solitario e despois uniuse ao grupo encabezado por Xosé Castro Veiga. En outubro de 1949 reclamouno o xuíz militar de Lugo xunto con outros guerrilleiros encartados na causa 318/49.El Progreso, 5-10-1949, p. 2. Volveu ser reclamado polo xuíz militar de Lugo en marzo de 1950 encartado na causa 13/50.BOP Lugo, 18-3-1950, p. 3. En xullo de 1950 foi reclamado polo xuíz militar de Lugo xunto con José Castro Veiga, Roberto López Rodríguez e Augusto Diéguez Yáñez encartados na causa 144/50.BOP Lugo, 8-7-1950, p. 4. Reclamado novamente en maio de 1951 encartado na causa 76/51,BOP Lugo, 8-5-1951, p. 4. e en marzo de 1953 pola causa 181/52.BOP Lugo, 26-3-1953, p. 4.

O 10 de outubro de 1953 a Garda Civil deulle o alto nun control rutineiro en Argozón (Chantada), fuxiu para agocharse nunha casa e véndose cercado disparouse un tiro na tempa. A Garda Civil levouno a Chantada, pero finou no camiño. Foi soterrado en Chantada. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en Langreu Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1953