Delitzsch é unha cidade e un importante centro rexional de Saxonia. Con máis de 26 500 habitantes é a cidade máis grande no distrito norte de Saxonia. Pertence á área metropolitana de Leipzig-Halle.
Xeografía A cidade de Delitzsch está situada na parte noroeste do distrito norte de Saxonia, a unha altura de 94 m sobre o nivel do mar. Debido á súa situación xunto á fronteira con Saxonia-Anhalt é a cidade máis ao norte de Saxonia.
Ocupa unha extensión de 83,57 km² e, segundo o censo do 31 de decembro de 2010, tiña unha poboación de 26 334 habitantes.
Historia Segundo as crónicas, foi fundada en 1200 e recoñecida co status de cidade en 1300.
Por ela pasaron desde os pobos eslavos até os suecos, durante a guerra dos trinta anos (1618-1648).
Durante a segunda guerra mundial só foi destruída a súa estación ferroviaria.
Galería de imaxes
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do concello
Categoría:Cidades de Saxonia