Óscar Graña Blanco, nado en Pontevedra en 1976, é un piragüista galego que compite na modalidade de maratón. É o segundo deportista español máis laureado nesta disciplina, con 14 medallas no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón entre os anos 2004 e 2024, e dez medallas no Campionato Europeo de Piragüismo en Maratón entre os anos 2003 e 2018.Óscar Graña en CanoeResults.eu .Lista de medallistas olímpicos e mundiais en piragüismo (1936-2007): parte 1, parte 2. Federación Internacional de Piragüismo .
Traxectoria Asociouse ao arousán Ramón Ferro, co que comezou a competir en probas de C-2. A súa primeira cita importante foi o Mundial de Zamora en 2002, onde quedaron quintos, e en 2003 lograron a súa primeira medalla no Campionato de Europa, ao remataren en segunda posición. En 2004 conquistaron a súa primeira medalla no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón tras finalizar terceiros, resultado que repetiron en 2005. Nas seguintes tres edicións, 2006, 2007 e 2008, lograron tres pratas, ademais doutra prata no Europeo de 2007. En 2009 gañaron a medalla de ouro no Europeo, mentres que non puideron participar no Mundial ao ser hospitalizado Ferro por unha meninxite. En 2010, en Banyoles, convertéronse por primeira vez en campións do mundo. En 2011 logrou outra medalla de prata no Europeo xunto a Ferro, mentres que non competiu no Mundial pois tivo que realizar as oposicións á Policía Nacional.
En 2012, proclamouse campión do mundo de novo xunto a Ferro en Roma, título que revalidaron ao ano seguinte en Copenhague. Tamén en 2013 se proclamaron campións de Europa por segunda vez. En 2014 repetiron vitoria no Europeo e lograron o terceiro posto no Mundial, celebrado en Oklahoma City. En 2015 e 2016, lograron a prata tanto nos Europeos como nos Mundiais, mentres que no 2017 se fixeron cun bronce europeo e unha prata no mundial.
En decembro de 2017, Ramón Ferro anunciou a súa retirada do piragüismo, polo que Graña comezou a competir con Diego Romero Fraga como compañeiro. A nova parella proclamouse campioa de Europa e do mundo en 2018. No ano 2019 quedou en sétima posición no Campionato Europeo de Piragüismo de Maratón disputado en Francia, xunto co seu compañeiro Jose Manuel Sánchez, ao envorcar e perder un tempo que non foron quen de recuperar. Nova Campionato Europeo 2019 no Diario de Pontevedra No Mundial disputado en outubro na China, participou xunto ao veterano Pedro Areal, finalizando en quinta posición.
Palmarés internacional Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Evento 2004 Bergen () C2 2005 Perth () C2 2006 Trémolat () C2 2007 Győr () C2 2008 Týn nad Vltavou () C2 2010 Banyoles () C2 2012 Roma () C2 2013 Copenhague () C2 2014 Oklahoma City () C2 2015 Győr () C2 2016 Brandeburgo () C2 2017 Pietermaritzburg () C2 2018 Vila Verde () C22024Metković ()C2 Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Evento 2003 Gdansk () C2 2007 Trenčín () C2 2009 Ostróda () C2 2011 Saint-Jean-de-Losne () C2 2013 Vila Verde () C2 2014 Piešťany () C2 2015 Bohinj () C2 2016 Pontevedra () C2 2017 Ponte de Lima () C2 2018 Metković () C2
Recoñecementos 2013: Medalla de bronce da Real Orde do Mérito Deportivo pola súa traxectoria deportiva.«Nuevos Ingresos del piragüismo en la Real Orden del Mérito Deportivo» . Federación Española de Piragüismo .
Notas
Categoría:Piragüistas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1976