A dos sílvidos<ref>[http://academia.gal/dicionario/-/termo/s%C3%ADlvidos ''sílvidos] no dicionario da RAG.</ref> (Sylviidae) é unha familia de aves da orde dos paseriformes, suborde dos páseros, infraorde dos paséridos e da superfamilia dos silvioideos.

Características A familia contén principalmente a pequenos paxaros insectívoros que se encontran en moitas partes de Europa, Asia e, en menor medida, en África.

Aínda que a maioría das aves desta familia viven en rexións temperadas, adoitan teren hábitos migratorios desprazánsose a rexións cálidas en inverno.

Boa parte dos seus membros teñen un aspecto moi similar, pero cantos moi diferentes. Estas aves son moi activas e comparten características comúns tales como o seu pequeno tamaño, un pico estreito e un corpo esvelto. A coloración da súa plumaxe non adoita ser moi rechamante.

Adoitan presentar dimorfismo sexual, aínda que non en todos os xéneros.

Taxonomía Unha taxonomía revisada hai pouco Hai anos esta familia era un taxon caixón de xastre que compendía máis de 400 especies en 70 xéneros, xa que estaba pobremente definida con características comúns a outras familias. Até que os avances na xenética molecular permitiron reestruturar o grupo, sacando del especies que se repartiron en outras familias, e se crearon pola súa escisión novas familias como a dos Acrocephalidae, Locustellidae, Cettiidae, Phylloscopidae e Cisticolidae. Ademais incorporáronse algúns xéneros que até entón estiveran clasificados noutras familias, tras demostrarse a súa proximidade xenética co grupo. Actualmente a familia quedou conformada poas papuxas (xénero Sylvia), as especies asiáticas do xénero Paradoxornis (anteriormente separados na familia Paradoxornithidae), varias especies de paxaros anteriormente incluídas nos Timaliidae, e o Chamaea fasciata, un raro paxaro norteamericano que durante moito tempo fora un enigma taxonómico.Gill, F. & DonskerR, D. eds. (2017): Sylviid babblers, parrotbills & white-eyes. IOC World Bird List (v. 7.1).Gelang, Magnus;Alice Cibois, Eric Pasquet, Urban Olsson, Per Alström, Per G. P. Ericson (2009): "Phylogeny of babblers (Aves, Passeriformes): major lineages, family limits and classification". Zoologica Scripta 38 (3): 225–236 <mall>doi=10.1111/j.1463-6409.2008.00374.x.

Descrición A familia foi descita en 1820 polo zoólogo inglés William Elford Leach ou, segundo os autores, en 1825, polo tamén zoólogo irlandés Nicholas Aylward Vigors, ambos os dous membros da Royal Society.

Etimoloxía O nome científico Sylviidae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Sylvia, coa adición da desinencia do latín científico -ideae, tirada da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", usada para a formación dos nomes das familias de animais.

Clasificación Segundo o ITIS, a familia comprende os 20 xéneros seguintes:Sylviidae Leach, 1820 no ITIS.

Chamaea Gambel, 1847 Chleuasicus Blyth, 1845 Cholornis J. Verreaux, 1870 Chrysomma Blyth, 1843 Conostoma Hodgson, 1841 (anteriormente en Paradoxornithidae) Fulvetta David & Oustalet, 1877 (con 8 especies, anteriormente en Alcippe, Timaliidae) Horizorhinus Oberholser, 1899 (anteriormente en Timaliidae) Lioparus Oates, 1889 (anteriormente en Alcippe, Timaliidae) Lioptilus Bonaparte, 1850 (anteriormente en Timaliidae) Moupinia David & Oustalet, 1877 Myzornis Blyth, 1843 Neosuthora Hellmayr, 1911 Paradoxornis Gould, 1836 Parophasma Reichenow, 1905 Pseudoalcippe Bannerman, 1923 (anteriormente en Illadopsis, Timaliidae) Psittiparus Hellmayr, 1903 Rhopophilus Giglioli & Salvadori, 1870 (anteriormente en Cisticolidae) Sinosuthora Penhallurick & C. R. Robson, 2009 Suthora Hodgson, 1837 Sylvia Scopoli, 1769 (con 29 especies de papuxas)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Alström, Per; Ericson, Per G. P.; Olsson, Urban & Sundberg, Per (2006): "Phylogeny and classification of the avian superfamily Sylvioidea". Molecular Phylogenetics and Evolution 38 (2): 381–397. Baker, Kevin (1997): Warblers of Europe, Asia, and North Africa. Princeton, N.J., USA: Princeton University Press. ISBN 0-691-01169-9. Barker, F. Keith; Cibois, Alice; Schikler, Peter A.; Feinstein, Julie & Cracraft, Joel (2004): "Phylogeny and diversification of the largest avian radiation". Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS) 101 (30): 11040-11045. PDF Texto competo Supporting information . Beresford, P.; Barker, F. K.; Ryan, P. G. & Crowe, T.M. (2005): "African endemics span the tree of songbirds (Passeri): molecular systematics of several evolutionary 'enigmas'. Proc. Roy. Soc. Lond. B 272 (1565): 849–858. Acceso a texto completo Apéndice electrónico. Cibois, Alice (2003a): "Mitochondrial DNA Phylogeny of Babblers (Timaliidae). Auk 120 (1): 1-20. HTML Texto completo . Cibois, Alice (2003b): "Sylvia is a babbler: taxonomic implications for the families Sylviidae and Timaliidae". Bulletin of the British Ornithologists' Club 123: 257-261. Cibois, Alice; Slikas, Beth; Schulenberg, Thomas S. & Pasquet, Eric (2001): "An endemic radiation of Malagasy songbirds is revealed by mitochondrial DNA sequence data". Evolution 55 (6): 1198-1206. PDF Texto completo. Ericson, Per G. P. & Johansson, Ulf S. (2003): "Phylogeny of Passerida (Aves: Passeriformes) based on nuclear and mitochondrial sequence data". Molecular Phylogenetics and Evolution 29 (1): 126–138 PDF Texto completo . Fuchs J.; Fjeldsa, J.; Bowie R. C. K.; Voelker, G. & Pasquet, E. (2006): "The African warbler genus Hyliota as a lost lineage in the Oscine songbird tree: Molecular support for an African origin of the Passerida. Molecular Phylogenetics and Evolution, 39 (1): 186-197. del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9. Shirihai, Hadoram (2001): Sylvia warblers. Princeton, N.J., USA: Princeton University Press. ISBN 0-691-08833-0. Sibley, Charles Gald & Ahlquist, Jon Edward (1990): Phylogeny and classification of birds. New Haven, Conn., USA: Yale University Press, Simms, Eric (1985): British warblers. Londres: Collins. Yamagishi, Satoshi; Honda, Masanao; Eguchi, Kazuhiro & Thorstrom, Russel (2001): "Extreme endemic radiation of the Malagasy Vangas (Aves: Passeriformes). Journal of Molecular Evolution'' 53''' (1): 39-46. (HTML Resume).

Outros artigos Paseriformes Páseros Paséridos Silvioideos

Ligazóns externas Sylviidae na ADW. Sylviidae na EOL. Sylviidae en Fauna Europaea. Family Sylviidae Leach, 1820 en The Taxonomicon. Sylviid Babblers. Family Sylviidae Congreso Ornitolóxico International. Famille des Sylviidae. 70 espèces présentes dans la famille des Sylviidae en oiseaux.net . Especies de sílvidos na UICN. Vídeos de aves da familia Sylviidae en Internet Bird Collection.

Categoría:Paseriformes