Acrocephalus é xénero de aves da orde dos paseriformes, suborde dos páseros, infraorde dos paséridos e superfamilia dos silvioideos, que é o tipo da familia dos acrocefálidos.Alan P. Peterson (2017) Zoonomen Nomenclatural data. Consultada o 15 de abril de 2017.
Características As especies deste xénero, que se denominan folosas,folosa no dicionario da RAG. son paxaros insectívoros que adoitan habitaren en zonas pantanosas, xunqueiras, e outras zonas húmidas, aniñando nos caules dos xuncos propios destes lugares.
A plumaxe da maioría delas é de cor parda ou parda olivácea, xeralmente uniforme, nas partes superiores, mentres que a das partes inferiores vai da amarela á abrancazada.
Distribúense por todo o mundo, excepto América e as zonas polares. Algunhas das especies son sedentarias, pero moitas, as que viven en zonas de clima temperado, efectúan migracións cara ao sur, para pasaren o inverno.
Moitas especies teñen un perfil de cabeza plano, o que contrasta (ou cointradí) co nome científico do grupo.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1811 polos ornitólogos alemáns Johann Andreas Naumann e o seu fillo Johann Friedrich Naumann, na páxina 199 do seu traballo Naturgeschichte der Land- und Wasser-Vogel des nordlichen Deutschlands.Acrocephalus Naumann, JA & Naumann, JF, 1811 en Avibase.
Etimoloxía O nome científico Acrocephalus está formado polos elementos do latín científico acro- e -cephalus, tirados dos termos do grego antigo ἄκρος ákros, "agudo", "acabado en punta", "extremo", "punta", e κεφαλή cephalḗ, "cabeza", respectivamente. Semella que os Naumann, pai e fillo, considerban que a cabeza destes paxaros remataba en punta.Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
Clasificación Segundo o ITIS e a Zoonomen, o xénero conta coas 23 especies seguintes:Acrocephalus J. A. Naumann & J. F. Naumann, 1811 no ITIS.
Acrocephalus aequinoctialis (Latham, 1790) Acrocephalus agricola (Jerdon, 1845) Acrocephalus arundinaceus (Linnaeus, 1758) Acrocephalus astrolabii Holyoak & Thibault, 1978 Acrocephalus atyphus (Wetmore, 1919) Acrocephalus australis (Gould, 1838) Acrocephalus baeticatus (Vieillot, 1817) Acrocephalus bistrigiceps Swinhoe, 1860 Acrocephalus brevipennis (Keulemans, 1866) Acrocephalus caffer (Sparrman, 1786) Acrocephalus concinens (Swinhoe, 1870) Acrocephalus dumetorum Blyth, 1849 Acrocephalus familiaris (Rothschild, 1892) Acrocephalus gracilirostris (Hartlaub, 1864) Acrocephalus griseldis (Hartlaub, 1891) Acrocephalus hiwae (Yamashina, 1942) Acrocephalus kerearako Holyoak, 1974 Acrocephalus longirostris (Gmelin, 1789) Acrocephalus luscinius (Quoy & Gaimard, 1830) Acrocephalus melanopogon (Temminck, 1823) Acrocephalus mendanae Tristram, 1883 Acrocephalus musae (J. R. Forster, 1844) Acrocephalus newtoni (Hartlaub, 1863) Acrocephalus nijoi (Yamashina, 1940) Acrocephalus orientalis (Temminck & Schlegel, 1847) Acrocephalus orinus Oberholser, 1905 Acrocephalus paludicola (Vieillot, 1817) Acrocephalus palustris (Bechstein, 1798) Acrocephalus percernis (Wetmore, 1919) Acrocephalus rehsei (Finsch, 1883) Acrocephalus rimitarae (Murphy & Mathews, 1929) Acrocephalus rodericanus (A. Newton, 1865) Acrocephalus rufescens (Sharpe & Bouvier, 1877) Acrocephalus schoenobaenus (Linnaeus, 1758) Acrocephalus scirpaceus (Hermann, 1804) Acrocephalus sechellensis (Oustalet, 1877) Acrocephalus sorghophilus (Swinhoe, 1863) Acrocephalus stentoreus (Hemprich & Ehrenberg, 1833) Acrocephalus syrinx (Kittlitz, 1833) Acrocephalus taiti Ogilvie-Grant, 1913 Acrocephalus tangorum La Touche, 1912 Acrocephalus vaughani (Sharpe, 1900) Acrocephalus yamashinae (Taka-Tsukasa, 1931)
Antigüidade Restos fósiles fragmentarios do Mioceno tardío (de hai uns 11 millóns de anos) achados en Rudabánya (nordés de Hungría) mostran algunhas apomorfías típicas deste xénero.Bernor R. L.; Kordos, L. & Rook L. (2002): "Recent Advances on Multidisciplinary Research at Rudabánya, Late Miocene (MN9), Hungary: a compendium" PDF. Palaeontographia Italica 89: 3–36.
Tendo en conta esta idade tan temperá (a maioría dos xéneros da infraorde dos paséridos non se coñecen até o Plioceno), non é demasiado seguro que estea correctamente situado, pero é altamente probábel que pertenzan polo menos a un acrocefálido.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9. Fregina, S.; Haasea, M.; Olsson, U. & Alström, P. (2009): "Multi-locus phylogeny of the family Acrocephalidae (Aves: Passeriformes) – The traditional taxonomy overthrown". Molecular Phylogenetics and Evolution 52 (3): 866–878. (Resume). Olsson, U.; Rguibi-Idrissi, H.; Copete, J. L.; Arroyo Matos, J. L.; Provost, P.; Amezian, M.; Alström, P. & Jiguet, F. (2016): "Mitochondrial phylogeny of the Eurasian/African reed warbler complex (Acrocephalus, Aves). Disagreement between morphological and molecular evidence and cryptic divergence: A case for resurrecting Calamoherpe ambigua Brehm 1857". Molecular Phylogenetics and Evolution. 102: 30–44. (Resumo).
Outros artigos Paseriformes Páseros Paséridos Silvioideos Acrocefálidos
Ligazóns externas Acrocephalus J. A. Naumann & J. F. Naumann, 1811 no ITIS. Acrocephalus na EOL. Especies de Acrocephalus na UICN. 61. Reed Warblers and allies. Family Acrocephalidae. Acrocephalus na IOC World Bird List (Lista das aves do mundo, do International Ornithological Congress). Vídeos de Acrocephalus en Internet Bird Collection.
Categoría:Acrocefálidos