miniatura|Mapamundi de Abraham Ortelius publicado dentro do Theatrum Orbis Terrarum (1570), un dos primeiros atlas impresos.|370x370px Un atlas é unha colección sistemática de mapas de diversa índole que contén unha capitulación de distintos temas de coñecemento como a xeografía física, a situación socioeconómica, relixiosa e política dun territorio concreto.

O termo atlas provén da mitoloxía grega na que Atlas ou Atlante (en grego antigo ‘o portador’) era un novo titán ao que Zeus condenou a cargar sobre os seus ombreiros os alicerces que mantiñan a terra separada dos ceos. Con todo, segundo explicaba Gerardus Mercator á fronte do seu propio Atlas de 1602, o nome aludía non ao personaxe mitolóxico senón á cordilleira, e a un rei e astrólogo norteafricano cuxo desexo era transformarse en montaña para abrazar o ceo.Biblioteca Real, pezas cartográficas da Colección Gondomar, Patrimonio Nacional.

Clasificación Os atlas pódense clasificar de acordo a determinadas características:

Segundo a súa extensión: Universais (mundiais) Nacionais Rexionais Comarcais Locais Segundo o tipo de información: Xeográficos Temáticos Segundo o soporte en que se presentan: Impreso sobre papel. Sobre soportes electrónicos ou en Internet

Atlas nacional Un atlas nacional constitúe unha síntese da realidade física, social e económica dun país, polo que reúne toda a información xeográfica necesaria para unha adecuada toma de decisións, tanto públicas como particulares. Con todo, é moito máis que iso: é un compendio do coñecemento sobre o territorio, sobre as modificacións que a actividade humana produciu nel e sobre as relacións entre a intelixencia, a vontade e a natureza. En todo caso, é unha exposición rigorosa e obxectiva que describe con criterio científico o relevo, o clima, as cidades e os seus habitantes, e a distribución dos recursos; en definitiva é un espello do país. Un exemplo de atlas nacional é o Atlas Nacional de España, encomendado ao Instituto Xeográfico Nacional por acordo do Consello de Ministros de 1986.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mapamundis antigos