Os odonatos (Odonata) son unha orde de insectos carnívoros, que comprende as libélulas e os cabalos do demo. Os Odonata forman un clado, que existe desde o Triásico. Nesta orde describíronse unhas 5 900 especies.

Xeralmente na fala común úsanse os termos libélula e cabalo do demo indistintamente. O tradicional en textos científicosCosme D. Romay, Adolfo Cordero-Rivera, Anxos Romeo, Martiño Cabana, Darío X. Cabana e Miguel Á. Fernández-Martínez (2011): "Nomes galegos para as libélulas (orde Odonata) da Península Ibérica". Chioglossa, 3: 21-36. é distinguir as libélulas (os tradicionais anisópteros), que son xeralmente máis grandes e pousan coas súas ás estendidas cara aos lados, dos cabaliños do demo (os tradicionais cigópteros), que teñen corpos máis delgados e cando pousan colocan as ás sobre o seu corpo.

Etimoloxía miniatura|Emerxencia durante a muda de Libellula depressa miniatura|Gomphus vulgatissimus cunha presa miniatura|Cabaliño do demo cunha presa miniatura|150px|Ollos compostos dunha libélula. 150px|miniatura|upright|Macho de Austrolestes annulosus, (Zygoptera: Lestidae) O termo Odonata foi acuñado por Fabricius, do grego οδόντoς (οδούς), odontos, 'dente', aparentemente porque teñen unha especie de "dentes" nas súas mandíbulas, a pesar de que a maioría dos insectos teñen mandíbulas "dentadas", polo que non é un carácter distintivo dos odonatos.

Sistemática e taxonomía Esta orde foi tradicionalmente agrupada cos efemerópteros e varias ordes extintas nun grupo chamado "Paleoptera", pero esta agrupación podería ser parafilética. A característica que comparten cos efemerópteros é o modo en como se articulan as ás e colocan estas cando están pousados.

Nalgúns tratamentos do grupo,Por exemplo Trueman, John W. H. & Rowe, Richard J. (2008): Tree of Life Web Project – Odonata. Dragonflies and damselflies . Version of 2008-MAR-20. Retrieved 2008-DEC-15. os Odonata son considerados nun senso amplo, e son esencialmente sinónimos da superorde Odonatoptera, pero sen incluír aos Protodonata prehistóricos. Nesta disposición, úsase, en vez de Odonatoptera, o termo Odonatoidea. A sistemática dos "Palaeoptera" non está en absoluto resolta; o que si se pode dicir é que independentemente de se se denominan "Odonatoidea" ou "Odonatoptera", os Odonata e os seus parentes extinguidos forman un clado.Trueman, John W. H. : Tree of Life Web Project – Pterygote Higher Relationships . Retrieved 2008-DEC-15.

Os Anisoptera foron durante moito tempo tratados como unha suborde, outra era a dos Zygoptera e unha terceira suborde eran os "Anisozygoptera" (cabalos do demo antigos). Porén, propúxose despois a suborde combinada dos Epiprocta (nos cales os Anisoptera están incluídos e rebaixados a infraorde) cando se atopou que os "Anisozygoptera" eran parafiléticos, compostos de ramas principalmente extinguidas da evolución das libélulas. As catro especies vivas que estaban situadas nos Anisozygoptera están agora (neste tratamento) na infraorde Epiophlebioptera, mentres que os taxons fósiles que estaban anteriormente alí están agora dispersos nos Odonatoptera (ou Odonata sensu lato).Rehn, A. C. (2003): Phylogenetic analysis of higher-level relationships of Odonata. Systematic Entomology 28(2): 181-240. PDF fulltext

Tarsophlebiidae é unha familia prehistórica de Odonatoptera que pode considerarse unha liñaxe basal de Odonata ou o seu inmediato taxon irmán.

Un cladograma no que se inclúen só os grupos con especies vivas é o seguinte:

Se incluímos os grupos fósiles unha árbore filoxenética dos odonatos máis completa, segundo Bechly (2002), é:Bechly, G. (2002): Phylogenetic Systematics of Odonata. in Schorr, M. & Lindeboom, M., eds, (2003): Dragonfly Research 1.2003. Zerf – Tübingen. ISSN 1438-034X (CD-ROM)

Morfoloxía externa miniatura|Anatomía das libélulas.1: clípeo, 2: antena, 3,4 fronte, 5: labro, 6: garras, 7: tarso 8: tibia, 9: espiñas, 10: fémur, 11: coxa, 12: suturas, 13: tórax, 14: abdome (S1-S10), 15: apéndices, 16: bucle anal, 17: triángulos, 18: á posterior, 19: á anterior, 20: pterostigma, 21: veas transversais posnodais, 22 : nodo, 23: veas transversais antenodais, 24: árculo, 25: sintórax, 26: liñas umeral e anteumeral, 27: protórax, 28: labio, 29: mandíbulas, 30: ollo composto. miniatura|350px|Exoesqueleto da cabeza, tórax e dous primeiros segmentos abdominais: A. Austrophlebia costalis (libélula) femia; vista dorsal. B. A mesma en vista ventral. C. A mesma en vista lateral. D. Cabeza da mesma en vista frontal. E. Cabeza de of Lestes (cabalo do demo), vista dorsal. F. A mesma en vista lateral. G. Metatórax de Orthetrum (libélula), vista ventral. A = vea anal; A' = vea anal secundaria; ac = anteclípeo; alr = crista antealar; ant = antena; ap = proceso costal; As = urosternito; At = uroterxito; ax = axilar; C = vea costa; Cu = vea cubital; cx = coxa; dr = carina dorsal; e = ollo; epic = epicranio; epm = epímero; eps = episterno; fr = fronte; fr1 = porción superior da fronte, fr2 = porción anterior da fronte; Fw = á anterior; g = xena; hs = sutura umeral; Hw = á posterior; ips = infraepisterno; ll = lobo lateral do labio; lm = labio; lr = labro; ls1 = primeira sutura lateral; ls2 = segunda sutura lateral; M = vea media; mb = membránula; md = mandíbula; me = liña ocular media; ml = lobo medio do labio; mt = mento; N = noto; occ = occipucio; ocl = ocelos laterais; ocm = ocelos medios; orb = órbita; ot = triángulo occipital; P = protórax; pc = posclípeo; Pl = pleuro; PN = posnoto; pol = lobo postocular; PS = posesterno ; R = vea radial; S = esterno; Sc = vea subcosta; Sp = espiráculo; t= templo; v = vértex; vt = tubérculo vertical.

miniatura|350px|Libélula macho (Ictinogomphus ferox) mostrando o abdome cos segmentos indicados do 3 ao 10 (de S3 a S10), apéndices e foliacións miniatura|Ninfa acuática dunha libélula. Os odonatos son insectos con metamorfose incompleta (hemimetábolos). A larva acuática ou ninfa eclosiona do ovo e desenvólvese ao longo de oito a dezasete ínstares antes de abandonar a auga e emerxer como un adulto alado ou imago.

Descrición xeral Estes insectos caracterízanse por ter cabezas grandes e arredondadas cubertas na súa maior parte por uns enormes ollos compostos, patas que facilitan a captura de presas en voo (outros insectos), dous pares de ás longas e transparentes que se moven independentemente, e abdomes alongados. Teñen tres ocelos, antenas curtas e unha mandíbula mastigadora simple.

Na maioría das familias hai unha estrutura no bordo anterior da á preto do extremo chamada pterostigma, chea de hemolinfa e ás veces coloreada, cuxa función pode ser aerodinámica, visual ou de redución da enerxía necesaria para voar. Tamén teñen pterostigma outros insectos como as abellas.

As ninfas teñen corpos máis robustos e curtos que o adulto, carecen de ás e teñen ollos máis pequenos. O labio está especializado para a captura de presas. Poden respirar por branquias externas abdominais (cabalos do demo) ou por un órgano situado no recto (libélulas).

Aínda que en xeral os odonatos son bastante similares, as libélulas (os anisópteros tradicionais) difiren dos cabalos do demo (os cigópteros tradicionais) en varias características doadamente recoñecibles. As libélulas teñen un voo potente e corpos bastante robustos e cando pousan fano coas súas ás colocadas lateralmente ou cara a atrás (ou mesmo ás veces un pouco cara a adiante). Os cabaliños do demo adoitan ser menos robustos, cun voo menos potente, e cando pousan a maioría das especies manteñen as súas ás dobradas sobre o abdome. Os ollos das libélulas ocupan gran parte da cabeza do animal, tocándose (ou case). Nos cabalos do demo hai un espazo entre os ollos que os separa.

Ninfa A ninfa acuática ten un corpo máis rexo e curto que o adulto e carece de ás. Os seus ollos son menores, as antenas máis longas e a cabeza é menos móbil que a do adulto. As pezas bucais están modificadas; o labio está adaptado formando un órgano prénsil para agarrar as presas. As ninfas dos cabalos do demo respiran por branquias externas situadas no abdome, mentres que as das libélulas respiran a través dun órgano situado no seu recto.

Imago ou adulto O imago (estadio adulto) ten unha cabeza grande ben desenvolvida, ollos compostos, patas que facilitan a captura en voo das presas (outros insectos), dous pares de ás longas e transparentes que se moven independentemente e un abdome alongado.

Moitos odonatos son insectos relativamente grandes, pero as súas envergaduras van desde os 17 mm (nalgúns cabaliños do demo do xénero Agriocnemis) aos 191 mm (no cabaliño do demo Megaloprepus coerulatus). A maior das libélulas (anisópteros) ten unha lonxitude alar de 160 mm, pero o corpo é máis masivo que o dos cabaliños do demo (os tradicionais cigópteros).

Cabeza Os ollos compostos globulares teñen cada un 28 000 omatidios e poden percibir as cores. Na fronte hai tres ocelos, que poden percibir a luz e a escuridade e axudan a orientarse no voo. As dúas curtas antenas son receptores táctiles. As pezas bucais están na parte inferior da cabeza e inclúen unhas mandíbulas mastigadoras simples.

Tórax

O segmento frontal do tórax (protórax) leva un par de patas, e o sintórax leva os pares de patas medio e posterior e os dous pares de ás. Adoita haber unha liña escura (liña umeral) seguindo a sutura umeral, que discorre desde a base da á anterior cara á base da pata media. Hai frecuentemente unha banda anteumeral sobre a liña umeral.

Ás As ás teñen unha rede de veas; o espazo alar entre as veas é transparente normalmente, pero pode estar en parte coloreado. Na maioría dos odonatos hai unha estrutura sobre o bordo anterior preto do extremo da á chamada pterostigma. Trátase dunha área engrosada chea de hemolinfa e con frecuencia coloreada unida a veas. As funcións do pterostigma son se coñecen ben, pero o máis probable é que teña un efecto aerodinámico e pode ter tamén unha función visual. Ter unha maior masa no extremo da á pode tamén reducir a enerxía necesaria para bater as ás. A correcta combinación de rixidez das ás e de masa podería reducir o consumo de enerxía do voo.

Hai cinco veas principais nas ás dos odonatos, que están fusionadas na base. Estas veas principais son (as cores son as da imaxe):

Vea costa (C): no bordo anterior da á, forte e marxinal, esténdese ata o ápice da á. Vea subcosta (Sc): segunda vea lonxitudinal, non ramificada; únese á costa no nodo. veas radio e media (R+M): terceira e cuarta veas lonxitudinais, a vea máis forte da á, coas ramificacións R1 a R4 que chegan á marxe da á; a media anterior (MA) tamén chega á marxe da á. IR2 e IR3 son veas intercalares detrás de R2 e R3, respectivamente. Vea cúbito (Cu): a quinta vea lonxitudinal, a cúbito posterior (CuP) non está ramificada e chega á marxe da á. Veas anais (A1): non ramificadas detrás da cúbito.

Fórmase un nodo no lugar onde se unen as veas subcostais co bordo anterior da á. O pterostigma escuro encóntrase preto do extremo da á.

As veas principais e as transversais forman o padrón de venación. Os padróns de venación son distintos en diferentes especies e poden ser útiles para a identificación de especies.

Patas

As patas úsanse para a captura e manipulación das presas, para agarrar as femias, para repeler aos rivais e para agarrarse mentres están pousadas; teñen longas espiñas no fémur e tibia.

Abdome